Sada mostra o seu apoio aos veciños e veciñas de Touro e O Pino e rexeita o proxecto de reapertura da explotación mineira Cobre San Rafael

06 / XUN / 2018

Sada mostra o seu apoio aos veciños e veciñas de Touro e O Pino e rexeita o proxecto de reapertura da explotación mineira Cobre San Rafael

-“Estamos ante un proxecto, indicou o concelleiro de Urbanismo Francisco Montouto,  cun impacto ambiental inasumible non soamente polos veciños deses concellos senon por todos os cidadáns de Galicia cun impacto sobre a saúde preocupante de consencuencias negativas incalculables para as persoas, para a biodiversidade e para os medios de vida futura”

Sada 6 xuño 2018.

No transcurso do pasado pleno ordinario do Concello de Sada a corporación aprobou unha moción de apoio aos veciños e veciñas dos concellos de Touro e O Pino pola que se rexeita o proxecto de reapertura da explotación mineira Cobre San Rafael.

Este proxecto, que pretende seguir explotando os xacementos abandonados no ano 1986 máis novos xacamentos colindantes, ocupa unha extensión total de 689 Ha nunha actividade potencialmente contaminante tal e como sinala o infome emitido polo Concello de Touro.

O concelleiro de Urbanismo, Francisco Montouto, defendeu a proposta de rexeitamento, sinalando os elementos susceptibles de contaminación que conllevaría que o proxecto da mina de cobre fose adiante como son as infraestructuras ligadas ao consumo de auga, a influencia que tería na poboación e vivendas situadas nas proximidades así como nos hábitas naturais e vexetación e fauna asociada, no río Ulla e nos elementos patrimoniais da zona.

“Estamos ante un proxecto, indicou Montouto, cun impacto ambiental inasumible, non soamente polos veciños deses concellos sinon por todos os cidadáns de Galicia cun impacto sobre a saúde preocupante de consencuencias negativas incalculables para as persoas, para a biodiversidade e para os medios de vida futura”

A explotación mineira vai afectar a case 500 Ha de terreos agrícolas e forestais que son a base productiva de moitas explotacións agrarias deixando sen base territorial moitas explotacións gandeiras abocadas ao peche. A apertura da mina traería consigo unha actividade de 15 anos de megaminería intensiva con funcionamento de maquinaria pesada 24 horas durante os 365 días do ano cunha media de 6 voladduras diarias, con entre 9 e 16 toneladas de explosivos cada unha, o que provocará o abandono poboacional da zona por facer imposible a vida nestes lugares.

Como consecuencia do sinalado a corporación aprobou unha moción de apoio aos veciños/as, algún deles/as presentes no Salón de Plenos sadense, onde se insta en primeiro lugar ás concellerias do  Mar, de Medio Rural,  de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Cultura o Ordenación Universitaria e a de Economía, Emprego e Industria, á emisión de informes negativos tal y como procede polas consecuencias negativas descritas nas alegacións que presentaron tanto entidades como particulares e así se desestime a autorización administrativa ao proxecto da concesión da explotación Cobre San Rafael emitindo unha declaración medioambiental desfavorable

E en segundo lugar se insta á Xunta de Galicia para que se promova unha completa restauración da antigua explotación mineira de Touro eliminando os focos de contaminación de metáis pesados para, como minimo, asegurar  non se siga comprometendo a calidade ambiental dos afluentes do río Ulla e polo tanto da Rede Natura 2000.

Por último, o alcalde de Sada, Benito Portela, anima á cidadanía de Sada a acudir á manifestación convocada para o vindeiro domingo 10 de xuño en Santiago contra o proxecto de reapertura da explotación mineira Cobre San Rafael en Touro.

Arquivado en