Sada mantén o compromiso co Teatro de Sada, referente na bisbarra

26 / OUT / 2017

Sada mantén o compromiso co Teatro de Sada, referente na bisbarra

María Pardo aposta por fortalecer a  COMPAÑÍA DE TEATRO e por este motivo convoca un casting

Sada 26 outubro 2017. 

A Concellería de Cultura, dirixida pola socialista María Pardo, convoca un casting para formar parte da compañía de teatro afeccionado do Concello de Sada. O casting terá lugar o vindeiro día o MÉRCORES 8 DE NOVEMBRO, ás 20.00 HORAS, no Auditorio da Casa de Cultura Pintor Lloréns.

Segundo a edil, a concellería mantén a súa aposta polo arte dramático no Concello que desde hai moitos anos é un referente na bisbarra. “O noso teatro é parte da nosa cultura, un dos alicerces da nosa vila. Sada é un un espello na organización da compañía de teatro e temos que seguir apostando por ela”, apuntou.

A convocatoria presenta tres requisitos: ser maior de idade, manter o compromiso de asistencia aos ensaios todos os mércores de 20.00 a 22.00 horas, desde Novembro deste ano ata o mes de Maio do vindeiro, e ás representacións da obra montada, que terán lugar entre Maio e Xuño de 2018.

O casting constará de dúas partes: a realización colectiva dunha dinámica grupal teatral e unha proba individual de interpretación dun texto aprendido  elixido polo candidato/a (monólogo teatral, poema ou breve diálogo ao que poder darlle réplica).

Arquivado en