Sada licitou nos últimos dous meses obras por valor dun millón de euros e acumula un total de 6.443.000€ en licitacións de obras e servizos no último ano.

18/12/2018

Sada licitou nos últimos dous meses obras por valor dun millón de euros e acumula un total de 6.443.000€ en licitacións de obras e servizos no último ano.

As constantes obras que se están levando a cabo en Sada son un reflexo da gran actividade licitadora do municipio que en algo máis dun ano sacou a contratación obras e servizos por valor de 6.443.417€.


Sada 18 decembro 2018

Actualmente estase traballando nas obras do barrio de Cantalarrana, zona cero das inundacións de marzo de 2016, onde leva a cabo a substitución dás redes de saneamento, auga e de pluviais e reurbanizacion das ruas Cambre, Culleredo, Abegondo e Avda. da Coruña. También estase a actuar na Praciña do Conde onde se realiza a substitución de redes principais e as súas acometidas, instalación de novos servizos e pavimentacións. Fai uns días remataron as obras de pavimentación beirarrúa e mellora de servizos afectados no tramo esquerdo da avenida República Argentina e na última Xunta de Goberno Local adxudicaronse as obras do marxe dereito da avenida que comezarán nos próximos días. A reforma da zona se complementa coas obras da rúa Sadadarea, paralela á avenida República Argentina,  que rematada a licitación a finais de novembro, está nestes intres en proceso de adxudicación.

Nos últimos dous meses, desde o 16 de outubro, a plataforma de contratación do estado,  publicou un total de dez obras en varias partes do municipio. O parque infantil do Paseo Marítimo foi a última actuación engadida a principios de decembro e xa está en fase de adxudicación. Ademais licitouse a mellora da seguridade da instalación de iluminación pública nos núcleos das parroquias, a reparación e actualización de instalación nos pozos de bombeo das parroquias, a renovación da rede de abastecemento no tramo de Barrié de la Maza entre Praza España e Igrexa Nova, a ampliación e acondicionamento da zona de xogos do CEIP Barrié da Maza, a formación dunha senda peonil e servizos na carretera AC-163 en Carnoedo, a mellora do pavimento no camiño de Alborelle en Soñeiro, a reforma do Centro Municipal de Formación Ocupacional de Osedo e a cuberta e reformas interiores en patio do CEIP Sada e Contornos. Xunto coa obra en Sadadarea a inversión que licitou o goberno local nos dous últimos meses ascende a 1.016.665€€.

En apenas un ano, desde setembro de 2017 a decembro de 2018, o goberno local publicou para a súa licitación un total de 31 actuacións en obras e servizos cunha  inversión de 6.443.417€.

Entre as obras realizadas se atopan a realización da marquesina en aparcadoiro e rampas entrada ao Centro de Saúde, a impermeabilización da cuberta e outras obras de conservación e mantemento no pavillón do CEIP Pedro Barrié de Mondego, a pavimentación de Souto á Lamela en Carnoedo, a reordenación do entorno das Travesías de Pose, as obras de conservación e mantemento da Capela de San Roque, a mellora do pavimento de máis de 30 camiños nas parroquias ou a creación da biblioteca infantil e sala de lectura da Casa da Cultura Pintor Llórens.

No capítulo de servizos adxudicouse a limpeza de edificios e locais municipais do Concello e próximamente adxudicaranse o servicio de axuda no fogar e o servizo de limpeza viaria e de praias no termo municipal. Ademáis está en licitación a xestión e dirección da Escola Municipal de Teatro e da Compañía Municipal de Teatro de Sada para os próximos dous años. Estes catro servicios supón unha inversión de 3.970.273€ 


Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Mosteirón. Urbanismo e emprego. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Subvencións e axudas. Urbanismo. Vivenda. Mobilidade. Medio ambente. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA