Sada licita a obra de mellora do camino de Lamela a Taibó en Carnoedo

17 / XUN / 2019

Sada licita a obra de mellora do camino de Lamela a Taibó en Carnoedo

-A última Xunta de Goberno Local, celebrada a pasada semana, aprobou a contratación por procedemento aberto dunha actuación que contempla a mellora do abastecemento, saneamento e pavimento do camino de titularidade municipal de Lamela a Taibó, na parroquia de Carnoedo.

Sada, 17 xuño 2019.

Seguindo co plan de mellora dos camiños das parroquias do termo municipal de Sada, polo que nos dous últimos anos se realizaron obras en preto medio cento de camiños parroquiais, o goberno municipal aprobou a pasada semana na última Xunta de Goberno Local a contratación por pocedemento aberto da obra de mellora no camino de Lamela a Taibó, na parroquia de Carnoedo.

O camiño obxecto de mellora posúe canalizacións de pluviais en cuneta aberta e un treito canalizado ao longo de unha tubaría que é necesario mellorar cos rexistros correspondentes para o seu mantemento así como cun razonable paquete de firmes e os servizos de auga e saneamento. O camino ten ademáis tramos sen o peralte axeitado polo que as augas pluviais circulan sobre o camino o que provoca o seu deterioro a todos os niveis.

Como consecuencia do paso do tempo e o progreso propiciado xeneráronse novas necesidades e servizos do tráfico cada vez mais intensos con todo tipo de vehículos: transporte escolar, circuitos de distribución, recollida de produtos, vehículos empregados na construción de vivendas, etc. Este incremento do tráfico deben soportalo tódolos camiños do municipio e por iso, en moitos casos, debe de dotárselles dun maior paquete de firmes que impida a súa destrución, así como mellorar a comodidade e seguridade dos conductores e viandantes.

Nesta obra preténdese realizar as seguintes actuacións:

-Limpeza e preparación de explanación do camiño, tanto da veira como das cunetas e noiros, rasanteo e nivelado da explanación.

-Instalación de treitos de tubarías para abastecemento de auga e acometidas a vivendas, caño para augas pluviais, incluído escavación da zanxa e o formigón en masa, para “tajeas” ou cunetas e o seus respectivos pozos de rexistro e sumidoiros.

-Mellora da base con zahorra artificial e formación de peraltes, que supoñan un reforzo do piso existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan.

-Mellora do firme a base de aglomerado en quente e soleira de formigón

-Instalación de sinalización horizontal e vertical e posta a cota dos rexistros de auga e saneamento existentes no camino e recalce de tapas de rexistro

O presuposto de execución material ascende a 74307,19€ para a realización das obras proxectadas. As empresas interesadas en presentar ofertas para a realización da citada obra de mellora teñen de prazo ata o 1 de xullo.

FOTO - Mellora do Camiño de Souto a Lamela realizada no ano 2018 e que se complementa coa obra de mellora entre Lamela e  Taibó que o Concello de Sada saca a contratación agora.

Arquivado en