Sada lembra a necesidade de manter limpas e desbrozadas as fincas do municipio.

04/06/2016

Sada lembra a necesidade de manter limpas e desbrozadas as fincas do municipio.

-A Ordenanza Xeral de limpeza e medio ambiente do Concello de Sada, regula o impedimento de sobresaír á vía pública ningunha clase de vexetación ou maleza dos solares particulares e tamén as obrigas dos propietarios dos terreos agrícolas e forestaisde mantelas en condicións de limpeza e hixiene adecuadas a súa natureza, e libres de silvas, mato e broza que poidan ser orixe ou faciliten a propagación de incendios.

-O Concello de Sada realizará unha campaña informativa para que os propietarios teñan as súas fincas limpas e desbrozadas no mes de xuño.


Sada, 3 de xuño 2016.

O Concello de Sada porá en coñecemento por medio dun bando informativo da necesitade de manter limpas e desbrozadas as fincas ubicadas dentro do termo municipal.

O alcalde, Benito Portela, recorda que dentro das múltiples tareas que cómpre levar a cabo co fin de reducir os incendios forestais e a aparición de puntos de verquidos incontrolados en diferentes lugares do noso entorno, “sen dúbida a labor do propietario no que respecta ao cuidado e mantemento do seu predio é primordial á hora de atallar estes problemas cos que nos atopamos desgraciadamente con certa frecuencia”.

A Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dispón da obriga do propietario de manter as fincas en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino, así como conservar e manter o solo natural, e no seu caso, masa vexetal nas condicións precisas que eviten a erosión e os incendios.

No ano 2005, conscientes da problemática que existía ao respecto, publicouse  a  Ordenanza xeral de limpeza e medio ambiente do Concello de Sada, regulando o impedimento de sobresaír á vía pública ningunha clase de vexetación ou maleza dos solares particulares e as obrigas dos propietarios dos terreos agrícolas e forestais de mantelas en condicións de limpeza e hixiene adecuadas a súa natureza, e libres de silvas, mato e broza que poidan ser orixe ou faciliten a propagación de incendios.

Asemade, a recente aprobación da Lei de montes de Galicia, establece que as personas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais ou situados nas zonas de influencia forestal, deberán proceder á execución da xestión da biomasa antes do 30 de xuño de cada ano.

E por iso que desde o concello de Sada están a informar aos veciños do termo municipal da necesidade de manter limpas e desbrozadas as fincas de cada propietario e agradecen de antemán a súa colaboura polo ben de todos os veciños.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Administración local, obras e servizos. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Medio ambente. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA