Sada inicia as obras da reordenación do tráfico ciclista do Paseo Marítimo

03 / MAR / 2017

Sada inicia as obras da reordenación do tráfico ciclista do Paseo Marítimo

- O goberno local adxudicou as obras que comezaron esta semana por valor de 49.718,39 euros e terán que estar terminadas antes del verano.  

-O novo percorrido  do carril bici apartase do tránsito dos veciños e veciñas que disfrutan do Paseo Marítimo, xa que descorre polo  límite exterior das zonas verdes.

Sada 3 de marzo 2017.

As obras do novo carril bici comezaron esta semana logo de que o goberno municipal adxudicara o pasado mes de decembro o proxecto de “Reordenación do tráfico ciclista no paseo marítimo de Sada” que supón a creación dun novo carril bici que discorrerá dende as inmediacións do edificio modernista da Terraza ata a súa conexión co carril bici que comeza enfronte a Casa da Cultura. 

A inversión na seguridade vial das persoas do proxecto, para o que tomouse como referencia o  “Manual de recomendaciones de diseño, construcción,  infraestructura,  señalización, balizamiento, conservación y  mantenimiento de carril bici” da Dirección  Xeral de Tráfico do Ministerio do Interior para os criterios de deseño, será de preto de 50.000 euros e o prazo para rematar as obras é de tres meses.

Incluído no Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña o proxecto nace co obxetivo de buscar unha solución ao problema que existe co carril-bici actual. “Hoxe en día, sinala o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Tenreiro, nos atopamos cun carril-bici que unha vez terminado o tramo de maior segregación discorre en paralelo ao paseo marítimo sen ningún tipo de separación co espazo destinado aos peóns”.

A xiucio do concelleiro “isto provoca que os peóns, especialmente nos fines de semana e nos meses de verano nos que a zona ten gran afluencia de persoas, invadan  o  espazo  destinado a bicicleta, e viceversa”. 

“Ademais, prosigue Tenreiro, ao largo do carril existe unha gran zona verde na que se atopan un conxunto de instalacións deportivas, o parque infantil, quioscos de venda de xeados, lugares de lecer ou o parque  biosaludable, moi utilizado por persoas maiores, que producen un continuo paso de persoas a través do carril-bici,  que acrecenta o risco de todas elas”. 

Por todas estas circunstancias e ademáis para dotar de unha infraestructura para os ciclistas acorde coas indicacións da Dirección Xeral de Tráfico o goberno municipal, a través da concellería de Obras e Servizos, realizou o proxecto para a creación dun  novo itinerario ciclista que permita a circulación de forma cómoda e segura aos usuarios,  e non interfira co tráfico peonil.

O recorrido que se propón apartase do tránsito dos veciños e veciñas que disfrutan do paseo marítimo, xa que descorre polo  límite  exterior das zonas verdes. Nos puntos nos que se circule en paralelo ao tráfico rodado,  a cota do carril será diferenciada  á dos  vehículos,  coa  intención de mellorar a seguridade dos ciclistas.

Arquivado en