Sada incrementará os ingresos logo da baixada do IBI

24/09/2016

Sada incrementará os ingresos logo da baixada do IBI

-A pesar da baixada de ingresos polo IBI do 16%, unha das primeiras medidas do goberno de Benito Portela, o resultado orzamentario neto do 2015 foi de 745.000€ é para o 2016 espérase continuar na mesma tendencia.

-O goberno de Sada recuperará,  no orzamento de 2017,  ingresos por participación en tributos do estado que non se estaban a consignar.


Sada 23 setembro 

Aínda que unha das primeiras medidas do alcalde de Sada, Benito Portela, e o goberno foi a baixada do IBI, que supón unha reducción de ingresos por este concepto do 16%, os resultados económicos do pasado año e os previsibles para este otorgan unha boa marcha económica do Concello de Sada.

"É dicir, baixamos a presión fiscal sobre todo á cidadanía pero mantemos o gasto dos servizos e incrementamos partidas que consideramos moi necesarias para o benestar da cidadanía”, sinala Portela, de quen depende directamente o área de Facenda do goberno local.

O resultado orzamentario neto do 2015  foi 734.000 euros. Con estas previsións no orzamento do 2016 incrementouse a partida destinada a axudas ás emerxencias sociais nun 36 % con respecto ao orzamento do 2013, último aprobado ata este ano.

Outra das medidas realizadas polo goberno local neste ano foi a reducción do elevado gasto en contratos públicos e a revisión da taxa por aproveitamento de redes das compañías subministradoras de electricidade , gas natural e telefonía fixa. Actualmente pagan o 1,5% da facturación no termo municipal e o que se pretende e comprobar as declaracións da taxa de aproveitamento. O goberno local ademáis está a facer xestións con compañías de telefonía mobil para a actualización de tarifas por instalacions en parcelas municipais.

"Comprometémonos coa xente, prosegue Portela, en facer un orzamento onde se primasen as necesidades en benestar social, en educación, en emprego, en cultura, en deportes e así o estamos a cumplir. Apostamos polos servizos públicos e estamos a convocar numerosas praza de emprego público ” 

Tributos do estado.

Outros dos pasos que se están a levar a cabo son os correspondentes para recuperar ingresos polo aumento de participación en tributos do estado.

"Estanse a estudiar os ingresos que Sada recibiu do Estado e correspóndenos máis do que se achegou, indica o alcalde, polo que imos reclamar a parte que nos corresponde".

O goberno local ademáis está a facer xestións con compañías de telefonía mobil para a actualización de tarifas por instalacions en parcelas municipais. 

Portela indica que nestes momentos estase a traballar no capítulo de ingresos do orzamento 2017 e con todas as actualización de  revisións posiblemente lógrese ingresar máis no 2017 sen que iso repercuta nas familias . "Estamos traballando do para ingresar máis, ter máis servizos e que iso non supoña un aumento dos impostos da xente" 

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá.

Temas:
Benestar Social. Economía. Subvencións e axudas. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA