Sada habilita 3.200 metros cadrados de aparcadoiro gratuito no centro urbano

13 / XUL / 2019

Sada habilita 3.200 metros cadrados de aparcadoiro gratuito no centro urbano

-O alcalde de Sada conveniou coas propietarias a cesión de duas parcelas na avenida Isaac Díaz Pardo, fronte ao Pavillón Polideportivo, nas que se realizaron traballos acondicionamento para habilitalas como aparcadoiro gratuito.

-Estas parcelas súmanse aos 8.500 metros cadrados de espacio libre nas Brañas que se acondicionaron no 2016  como aparcadoiros.

Sada, 12 xullo 2019.

O alcalde de Sada, Benito Portela, anunciou esta semana que estaba a reunirse coas propietarias de duas parcelas, situadas fronte a explanada do Pavillón Polideportivo e a Pista de Patinaxe, para conveniar a súa cesión temporal ao Concello de Sada e acondicionalas como aparcadoiro público gratuíto.

Esta intervención do rexedor local coas veciñas deu coma resultado que a partir de mañá están habilítanse 3.200 metros cadrados de terreos nos que o Concello ven de realizar as obras necesarias para o seu acondicionamento como aparcadoiro público así como as necesarias para o seu mantemento e conservación.

Esta nova zona de aparcadoiro gratuito se suma á acondicionada no verán do 2016 na zona de As Brañas. Unha das parcelas se sitúa nas cercanías do campo de fútbol de As Mariñas-Andrés Pena, e xunta unha parcela municipal con outras parcelas de varios propietarios ocupando entre todas unha superficie aproximada de 6.500 metros cadrados. A outra zona de aparcadoiro sitúase á beira da canalización do río nas Brañas paralela á rúa Cambre nunha parcela de 2.000 metros cadrados aproximadamente.

O alcalde sinalaba esta mañá que desde o Concello estase a buscar solución ás necesidades históricas de aparcadoiro existentes no centro de Sada, sobre todo en época estival, con reunións con propietarios de parcelas valeiras no centro urbano, aínda que lembra que “non todas as parcelas son aptas para reconvertilas en aparcadoiros”.

“Grazas sobre todo aos propietarios poderemos habilitar novas zonas de aparcadoiro gratuitas. Xa temos duas zonas acondicionadas pola cesión dos veciños e veciñas de Sada situadas no centro urbano. Unha nas Brañas e outra na zona deportiva. E seguimos a reunirnos con máis propietarios para lograr novas zonas onde poder aparcar.”

Arquivado en