SADA FRETA UN AUTOBÚS GRATUITO Á MANIFESTACIÓN POLOS DEREITOS DAS MULLERES

17/02/2020

SADA FRETA UN AUTOBÚS GRATUITO Á MANIFESTACIÓN POLOS DEREITOS DAS MULLERES

A mobilización nacional está organizada pola plataforma Galegas 8M, que aglutina a decenas de colectivos feministas de toda Galicia. Trátase dunha xornada de loita e reivindicación que comezará el 1 de marzo ás 12.00 na Avenida de Portugal de Verín e rematará cunha foliada feminista na Praza Maior da Vila.

Inscrición en liña


Sada, 17 febreiro 2020

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade de Sada freta un autobús gratuíto á Manifestación Nacional en Verín o 1 de marzo de 2020 polos dereitos das mulleres. A actividade forma parte da programación do Concello con motivo do 8 M, Día Internacional da Muller.

As persoas interesadas poderán inscribirse desde ata o 23 de febreiro a través do formulario da web municipal ou no enderezo electrónico servizos.sociais@sada.gal. Para calquera dúbida desde Servizos Sociais se habilita o teléfono 981 62 05 67.

As prazas son limitadas e se concedrán por estrita orde de inscrición, necesítase un mínimo de 25 persoas para fretar o bus. O autobús sairá ás 9:15 da mañá fronte ao Concello de Sada.

A mobilización nacional está organizada pola plataforma Galegas 8M, que aglutina a decenas de colectivos feministas de toda Galicia. Trátase dunha xornada de loita e reivindicación que comezará ás 12.00 na Avenida de Portugal de Verín e rematará cunha foliada feminista na Praza Maior da Vila.

A acción está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.

Arquivado en:
Novas. Benestar Social e Igualdade. Avisos. Sada.

Temas:
Benestar Social. Subvencións e axudas. Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.