Sada felicita e agradece a labor do voluntariado

23 / MAI / 2020

Sada felicita e agradece a labor do voluntariado

“Quero agradecervos sincera e encarecidamente toda a colaboración e apoio durante este período, o cariño e o respecto con que tratabades ás nosas veciñas e trasladarvos a gratitude das súas familias”, indica a misiva que o alcalde Benito Portela enviou a todas as persoas que formaron parte do servizo de voluntariado de Sada.

Sada, 22 maio 2020.

O alcalde de Sada, Benito Portela, enviou unha carta felicitando e danzo as grazas ás persoas que se apuntaron no servizo de voluntariado que o Concello de Sada habilitou o  pasado 14 de marzo, día que comezou o Estado de Alarma polo COVID-19.

“A día de hoxe, comeza Portela, chegados a este momento da desescalada, no que xa hai certa liberdade de movemento e socialización entre as persoas, poñemos punto e final a labor de acompañamento telefónico e seguimento dos nosos maiores.

 En total foron 287 veciños e veciñas de Sada, maiores de 70 anos e que vivían sos, os que formaron parte de esta acción solidaria e aos que na súa maioría, se lles fixo un seguimento durante este tempo. Persoas que debido ao confinamento, quedaban totalmente recluídas en absoluta soidade as que se lles proporcionaban,  ademáis da compañía en moitos dos casos, axuda ou medios para cubrir as necesidades de alimentación ou medicación.

“Estou seguro, que durante este tempo, todos aprendemos moitas cousas; máis estou obrigado a resaltar a vosa participación, compromiso e implicación nesta labor tan beneficiosa para a sociedade. Ca vosa voluntariedade, solidariedade, gratitude e boa vontade dades exemplo de como manter unha sociedade sa, viva e activa. Por iso, quero agradecervos sincera e encarecidamente toda a colaboración e apoio durante este período, o cariño e o respecto con que tratabades ás nosas veciñas e trasladarvos a gratitude das súas familias”, remata o rexedor.

Arquivado en