Sada exise ao Ministerio de Medio Ambiente a licitación urxente das obras da praia

28 / ABR / 2017

Sada exise ao Ministerio de Medio Ambiente a licitación urxente das obras da praia

Vídeo do Pleno ordinario do 27 abril 2017

Sada 28 de abril 2017

O pleno de Sada aprobou onte por unanimidade unha moción do Goberno local para esixir ao Ministerio de Medio Ambiente a licitación urxente das obras de rexeneración da praia de Sada. A proposta foi ao pleno despois de que Costas desistise do anterior procedemento de contratación. 

O acordo da moción instaba ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, á execución inmediata, e sen maior dilación, das actuacións medioambientais e de posta en valor da Praia de Sada, cos compromisos orzamentarios e coa licitación urxente e adxudicación das obras o máis axiña posible.

Así mesmo acordouse dar traslado do citado acordo ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, así como aos grupos parlamentarios das Cortes do Estado e do Parlamento de Galicia

Arquivado en