Sada está a realizar unha campaña informativa lembrando o cumprimento da ordenanza de terrazas

13/06/2016

Sada está a realizar unha campaña informativa lembrando o cumprimento da ordenanza de terrazas

-A concellaría de Urbanismo está a levar a cabo, até o 30 de xuño, unha campaña informativa entre os hostaleiros do municipio no que se lles informa da obrigatoriedade de cumprir cos requisitos sinalados na Ordenanza Municipal reguladora de Terrazas de Hostalaría en terreos de uso público.

-A campaña informativa, incide no cumprimento do requisito de paso e distancias, para garantir a accesibilidade nas beirarrúas e espazos públicos.


Sada, 13 xuño 2016.

Ante a proximidade da tempada de verán de maior afluencia de visitantes ao Concello, así como de maior número de usuarios, a concellaría de Urbanismo, xestionada por Francisco Montouto, está a levar a cabo, coa colaboración da Policía Local, unha campaña informativa entre todos os hostaleiros do municipio, no que se lles informa da obrigatorieda de de cumprir cos requisitos sinalados na vixente ordenanza municipal reguladora de terrazas de hostalaría en terreos de uso público, publicada no BOP do 17 de xullo de 2012.

Na devandita ordenanza indícase a obrigatoriedade de contar coa preceptiva licenza municipal segundo indica a Lei 9/2013 do emprendimiento e da competividad económica de Galicia.

Ademáis deberá exporse en lugar visible o cartel informativo coas características da terraza autorizada e respectar o número de cadeiras e mesas autorizadas así como observar os requisitos de emprazamento da terraza segundo indícase na licenza municipal.

A campaña informativa, que estará en vigor até o 30 de xuño, incide no cumprimento do requisito de paso e distancias, para garantir a accesibilidade nas beirarrúas e espazos públicos.

Finalmente informase aos hostaleiros da obrigatoriedade de estar ao corrente do pago do tributo municipal correspondente á licenza de terraza.

Desde a concellaría de Urbanismo informan ademais que para calquera dúbida ou aclaración en canto a ordenanza municipal de terrazas ou das licenzas concedidas no departamento de Urbanismo sito na avenida do Porto un técnico municipal atende todas as dúbidas.

Así mesmo indican que unha vez terminado o período informativo desta campaña as terrazas que non cumpran coas condicións da licenza outorgada poderán ser sancionadas. 

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Urbanismo e emprego.

Temas:
Urbanismo. Mobilidade.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA