Sada comeza a limpeza do tramo urbano do Río Maior

04 / OUT / 2019

Sada comeza a limpeza do tramo urbano do Río Maior

-No día de onte comezou a limpeza do Río Maior ao seu paso polo tramo urbano de Sada, concretamente na parte de Samoedo e rúa Braña.

Sada 3 outubro 2019.

O concello de Sada, a través da concellería de Obras e Servizos, ven de comezar a limpeza do tramo urbano do Río Maior.

Ao igual que o pasado ano o Concello de Sada asume esta competencia logo de que o ente Augas de Galicia decidise o pasado ano non asumir as competencias de limpeza dos ríos de Galicia no seus tramos urbanos. A directora de Augas de Galicia anunciaba en xaneiro deste ano que a partir desa data serían os concellos os "competentes" para realizar a limpeza da canle dos ríos nos treitos urbanos tal e como se subliña nunha instrución publicada o 18 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Desde xeito o pasado ano, antes da publicación da instrucción e ante a negativa de facelo por parte de Augas de Galicia, o Concello de Sada realizou a limpeza do Río Maior na parte de Samoedo e rúa Brañas e este ano adianta a limpeza de lodos e maleza das marxes do río como xa estaba previsto cando se contratou o servizo a principios do mes de setembro.

A concellería de Obras e Servizos lembra que ten que ser Augas de Galicia, segundo o punto catro da instrucción publicada no DOG o 18 de xaneiro de 2019 relativo aos criterios de actuaciones comunes de conservación y mantenimiento fluvial, quen execute en tramos no urbanos actuacións de eliminación de acumulacións de matorral, restos vexetais e madeira morta que poidan producir unha sobreelevación puntual da lámina de auga en caso de crecidas, e así o demandará por carta nos vindeiros días.

Actuacións na desembocadura do Río Maior.

Desde o Concello de Sada xa se enviaron duas misivas á Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade, unha datada no mes de agosto e máis recentemente outra no mes de setembro, onde se solicita entrevista para tratar  o problema do río Maior “xa que o tempo segue a transcorrer e a situación no que ao cauce do río respecta e as intervencións que nel son precisas, non avanzan o máis mínimo”.

O concello de Sada lembra que xa fixo os “seus deberes” coa actuación en Cantalarrana pero o feito dunha solución definitiva require intervencións  de máis envergadura que o Concello non pode asumir por non ser da súa competencia “pero nas que está disposto a colaborar en todo aquilo no que se lle requira”

Neste sentido lembralle á conselleira que o pleno do Concello de Sada aprobou o 30 de marzo de 2017, por unaminidade de todos os grupos municipais (PP, Sadamaioría, PSOE, BNG e PDSP) solicitar da Consellería a “suscrición dun convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Sada que estableza a planificación, programación, prazos, finaciación e execución das obras necesarias para evitar asolagamentos na vila de Sada”

O Concello de Sada espera que desde a conselleira Ethel Vazquez Mourelle atenda desta vez a solicitude de entrevista para tratar “cuxa necesidade e urxencia xa xoñece”. 

Arquivado en