SADA COMERCIO AGOSTO 2020

10/07/2020

SADA COMERCIO AGOSTO 2020

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada programa para os vindeiros 8 e 9 de agosto Sada Comercio 2020 e abre o prazo de solicitude de participación na feira.

Bases e solicitude para a feira de Sada Comercio 


Sada 10 xullo 2020

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada abre hoxe venres 10 de xullo o prazo para participar na Feira de Comercio local 2020 que se celebrará os días 8 e 9 de agosto na praza situada detrás da Terraza.

A feira programada inicialmente para marzo foi adiada por mor da declaración do Estado de Alarma. Os comercios ou locais de hostalaria interesados en participar deberán presentar a súa solicitude no Concello nos vindeiros 10 días hábiles.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Economía. Turismo. Emprego. Participación cidadá.

Perfís:
Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA