Sada clausura o programa de educación ambiental Somos Biosfera 2017

23 / MAI / 2017

Sada clausura o programa de educación ambiental Somos Biosfera 2017

-A Casa da Cultura Pintor Lloréns acollerá este xoves 25 de maio, coincidindo co IV aniversario da declaración pola UNESCO de “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” como Reserva de Biosfera, os actos de clausura onde presentaranse os traballos realizados polo alumnado participante neste programa.

Sada 22 de maio 2017.

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, e a Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas- Betanzos” veñen de rematar o programa de educación ambiental “Somos Biosfera 2017” presentado a principios de este ano polo concelleiro Liss Suárez Becerra, xunto con representantes da Reserva da Biosfera, e os directores dos colexios de Sada e Contornos, Miguel Gayoso e Pedro Barrié de la Maza, Odilo Airas.

O alumnado de Educación Primaria dos centros Pedro Barrié de Mondego e Sada e Contornos participaron neste programa que tivo como obxectivo dar a coñecer a “Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” así como fomentar a educación e sensibilización medioambiental da comunidade educativa dando a coñecer os programas postos en marcha desde a Reserva de Biosfera, as administracións e outras entidades.

O edil nacionalista Liss Suárez Becerra, responsable municipal deste departamento, incidiu na oportunidade deste tipo de estratexias para a promoción dos recursos naturais do concello sadense, e as súas posibilidades para converterse, por pioneiro e pertinente, en referente para toda España. Neste sentido, Becerra apuntou á conveniencia de estender a súa aplicación ao case vinte municipios da Reserva As Mariñas-Betanzos.

A Casa da Cultura Pintor Lloréns acollerá este xoves 25 de maio, coincidindo co IV aniversario da declaración pola UNESCO de “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” como Reserva de Biosfera, os actos de clausura onde presentaranse os traballos realizados polo alumnado participante neste programa, unha celebración á que asistirán un centenar de alumnos do Pedro Barrié de Mondego (5º e 6º de Primaria) e 150 de Sada e Contornos (1º a 6º de Primaria).

No acto estarán presentes o presidente do Consello de  Dirección da Reserva da Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, José A. Santiso Miramontes; o alcalde de Sada, Oscar Benito  Portela Fernández e concelleiro de Promoción Económica, Turismo e  Medio Ambiente, Liss Suárez Becerra.

Campaña  prevención especies exóticas

Sada será o escenario onde comece a campaña de prevención e control das especies exóticas invasoras nas Reservas da Biosferas de Galicia para complementar a formación  desenvolvida co alumnado dentro do programa de Educación Ambiental  Somos Biosfera 2017.

Trátase dun programa pioneiro que a concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente desenvolve xunto co CEIDA, e que espera exportar a outros  territorios Reservas de Biosfera de España e a nivel internacional.  O programa desenvolverase polas seis Reservas de Biosfera de Galicia ao longo  deste ano e ten o apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio.

No mes de setembro, realizaranse ademáis diversas xornadas de voluntariado  ambiental no territorio para sensibilizar e concienciar á cidadanía  sobre esta problemática.

Arquivado en