Sada celebra o domingo o III Trail Costa Doce por paraxes espectaculares da costa

15 / ENE / 2018

Sada celebra o domingo o III Trail Costa Doce por paraxes espectaculares da costa

-Medio milleiro de deportistas participará nesta proba que levará a cabo nun circuíto circular en terreo de monte.

- O itinerario do Trail Costa Doce transcorre por paraxes espectaculares da costa sadense de alto valor ecolóxico, polo que desde a organización sinalan que os participantes deben seguir as pautas de comportamento habituais nos espazos protexidos: non deixar residuos, non acender lume, non producir ruídos que molesten á fauna, non acampar, non saírse do percorrido sinalizado”, en definitiva non deixar rastro da nosa actividade.

-III Trail Costa Doce enlace a videos e información

Sada 26 xaneiro 2018.

A carreira III Trail Costa Doce, organizada polo Club de Atletismo Sada e a concellaría de Deportes do Concello de Sada, terá lugar o vindeiro domingo 28 de xaneiro a partir das 10:00 horas e contará con dúas variantes. Trail individual,  26,6 km. con 2000 metros de desnivel acumulado e Trail por substitucións, 26,6 km. en dúas postas de 14,5 km. e 12,1 km., con aproximadamente 890 e 1110 metros de desnivel acumulado, respectivamente podendo participar nesta categoría de substitucións, equipos de dous relevistas, podendo ser masculinos, femininos ou mixtos.

Medio milleiro de deportistas inscribíronse a esta proba que levará a cabo nunha das zonas máis espectaculares da costa sadense nun circuíto circular que se desenvolve en terreo de monte.

A organización entregará un trofeo a cada un dos tres primeiros clasificados, masculino e feminino, nas seguintes categorías Absoluta, Senior (participantes ata 39 anos cumpridos), Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos) e Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante).

A inscrición dá dereito aos avituallamentos correspondentes, asistencia sanitaria durante e ao finalizar a proba, transporte desde e ata o lugar de cambio de relevista, transporte a meta dos participantes que abandonen a proba, bolsa do corredor, guardarropa, duchas, e avituallamento adicional en meta.

O Concello de Sada pon a disposición dos participantes un servizo de duchas no Pavillón Deportivo Municipal ao termo da proba. A carreira habilitará avituallamentos en lugares visibles e sinalizados. Disporase de colectores no avituallamento para residuos orgánicos e envases de plástico. Non existirá ningún punto para depositar lixo pasado o control de avituallamento, sendo este inicio e fin do mesmo.

Desde a organización indican que está prohibido o avituallamento e a axuda externa durante o desenvolvemento da carreira de calquera persoa, non competidora, estando permitido unicamente o avituallamento que cada participante leve consigo desde a saída ou repoña nas áreas de avituallamento establecidas pola organización.  Así mesmo, está prohibido saír da zona de avituallamento con calquera tipo de envase ou envoltorio.

Ademais recomendan para a realización da próba roupa e zapatillas adecuadas para unha carreira de media montaña no inverno, botella ou mochila de 500 ml. ou outro sistema de hidratación, teléfono móbil e GPS.

A organización dispón dun seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes para todos os participantes e haberá un servizo de Atención Sanitaria e Protección Civil para casos de accidente ou necesidade de evacuación do corredor. 

ECORESPONSABILIDADE

O itinerario do Trail Costa Doce transcorre por paraxes espectaculares da costa sadense de alto valor ecolóxico, polo que desde a organización sinalan que os participantes deben seguir as pautas de comportamento habituais nos espazos protexidos: non deixar residuos, non acender lume, non producir ruídos que molesten á fauna, non acampar, non saírse do percorrido sinalizado, “en definitiva non deixar rastro da nosa actividade”.

A propia organización reducirá ao mínimo o uso de plásticos no monte: avituallamentos, sinalización e utilizará no posible material reutilizable ou reciclable

Arquivado en