Sada celebra o Día da Terra con actividades no Centro Escolar Sada e Contornos

22 / ABR / 2016

Sada celebra o Día da Terra con actividades no Centro Escolar Sada e Contornos

- O xogo foi o fío condutor das actividades para celebrar o Día da Terra no Ceip Sada e Contornos proxectadas pola Concellalía de Medio Ambiente que dirixe Xosé Lois Suárez Becerra.
 
Sada 22 abril 2016
 
A Concellería de Promoción Económica, Turismio e Medio Ambiente, xestionada por Xosé Lois Suárez Becerra programou para hoxe, coincidindo co Día da Terra, diversas actividades no centro Sada e Contornos.
 
O xogo foi o fío condutor das actividades para celebrar o Día da Terra no Ceip Sada e Contornos proxectadas pola Concellalía de Medio Ambiente que dirixe Xosé Lois Suárez Becerra.
 
A idea é difundir mensaxes ecolóxicas con métodos absolutamente sostibles coma un eco spray biodegradable que os rapaces tiñan que atopar e traballar co seu significado.
 
O fin da actividede desenrolada está mañá é que entendan a necesidade de ser respetuosos co medio ambiente e xerar conciencia ecolóxica entre os máis pequenos e que estes as transmitan ao resto dos veciños.
 
Todos os materiais usados nesta actividade, enfocada a nenos e nenas de 6 a 12 anos, como as tarxetas, o papel e ata os bolígrafos están fabricados con papel e cartón reciclado.
 
Para o concelleiro tratase de “sensibilizar aos máis pequenos nos xestos que fan deste un mundo máis equilibrado, limpo e sostible e dalles ferramentas para que a ecoloxía, o respeto ao medio ambiente sexa unha rutina nas súas vidas. Que vexan normal o respeto aos animais, aos ríos, á reciclaxe, ao aforro de enerxía e a outras tantas medidas tan necesarias para o futuro de todos nós”.

Arquivado en