Sada celebra esta fin de semana a 7ª edición do concurso Outono de Tapas

07 / NOV / 2019

Sada celebra esta fin de semana a 7ª edición do concurso Outono de Tapas

-Vintedous establecementos hostaleiros do municipio ofrecerán as súas ofertas culinarias de outono, ao prezo de 1€, do venres 8 ao domingo 10 de novembro.

- A concellería de Promoción Económica renova a aposta por este tipo de accións para impulsar o sector hostaleiro e o turismo en Sada, e espera repetir o éxito de edicións pasadas. 

Sada, 7 novembro 2019

A sétima edición do Outono de Tapas chega a Sada esta fin de semana e proponnos un paseo culinario polos aromas do outono con innovadoras propostas gastronómicas como roliños crocantes de gambas e cogomelos, xabaril estufado con puré de cabaza, pastel de carne e cogomelos do bosque, croqueta de polo de curral con cogomelos de tempada ou filloas de outono.

Vintedous establecementos serán os participantes nesta nova edición do concurso culinario, onde a imaxinación dos restauradores non ten limite. Materia prima local e produtos propios da tempada de outono son a base das exquisitas creacións desta cociña en miniatura. Cogomelos, castañas, grelos, xabaríl ou cabaza entre moitos outros, farán as delicias de todos. As tapas serviranse coas consumición o prezo dun euro e serán evaluadas por un xurado profesional que decidirá un dos premios do concurso.

Nesta edición o xurado do Outono de Tapas estará formado por Laura Sánchez, Santiago Fernández e José Antonio Dominguez.

Laura Sánchez Fernández é cociñeira formada na escola de hostalería das Illas Baleares. Finalista no VIII Concurso de Cociña Interatún. Con dilatada experiencia en cociñas de diversas cidades como Palma de Mallorca, Madrid, Toledo ou A Coruña, e en países como Francia.

Santiago Fernández Torres é cociñeiro profesional formado na Escola de Hostalería San Javier da Coruña. Traballou e continuou a súa formación en restaurantes recoñecidos como o Ermitaño, a Estación de Cambre e o Lera, ademais de na escola Hoffman.

José Antonio Domínguez Loureiro é xestor da páxina web e redes sociais rutasyrestaurantes e foi membro do xurado de concursos de tapas na Laracha, Sada ou Festa do Marisco do Grove. Realizou viaxes de prensa con Turismo Porto e Norte de Portugal e concellos como Ponte de Lima. Blogger convidado en Xantar (Feira Internacional de Turismo Gastronómico), Fórum Gastronómico da Coruña, Festa do Marisco de Vigo...

O Concello de Sada, dende a concellería de Promoción Económica renova a aposta por este tipo de accións para impulsar o sector hostaleiro e o turismo en Sada, e espera repetir o éxito de edicións pasadas. 

A participación estivo aberta a todos os hostaleiros do municipio e os establecementos participantes nesta sétima edición serán A Lagoa, A Nosa Viña, a Xeitosiña, Café Bar Antoxos, Albayzim, Casapueblo Restaurante, Cobh, Covad´anca, Decanta-t, El Canalla, El Chiringuito, Faísca-A Marola, Jamonería Edu´s, Nordeste, Mesón Riobao, Muelle 33, Ría de Sada, Taberna A Perla, Va Bene, Vinoteca Go-Go, Vivamus ou Zumolandía.

A Concellaría agradece ós 22 participantes que se sumasen á iniciativa e lembra que os restauradores optarán a varios premios, os outorgados por un xurado formado por expertos na materia e os outorgados pola votación do público.  Poderase votar a través das urnas que se atoparán nos locais e tamén a través do grupo de Facebook  “Eres de Tapas de Si…”.  

PROPOSTAS DA HOSTALERÍA LOCAL OUTONO DE TAPAS 2019 (8 ao 10 Novembro)

  • A LAGOA - Xiba en Tinta
  • A NOSA VIÑA - Petitono
  • A XEITOSIÑA - Faceiras de Outono
  • ALBAYCIM - Croqueta de polo de curral con cogomelos de tempada
  • CAFÉ BAR ANTOXOS - Calaseta
  • CASAPUEBLO RESTAURANTE - Champiqueixo
  • COBH - Sorpresa de cogomelo
  • COVAD´ANCA - Abocad@s
  • DECANTA-T - Bocado sopresa de Magosto
  • EL CANALLA - Trampicallos
  • EL CHIRINGUITO - Croquemix
  • FAÍSCA-A MAROLA - Filloas de Outono
  • JAMONERÍA EDU´S - Roliños crocantes de gambas e cogomelos
  • MESÓN NORDESTE - Outono
  • MESÓN RIOBAO - Xabaril estufado con puré de cabaza
  • MUELLE 33 - Delicia de Outono
  • RÍA DE SADA - Capricho de Cogomelos
  • TABERNA A PERLA - Niño de paspallás manchego
  • VA-BENE - Pastel de carne e cogomelos do bosque
  • VINOTECA GO-GO - Tosta outonal
  • VIVAMUS - Outono Vivamus
  • ZUMOLANDIA - Xamón asado á galega

 

Arquivado en