Sada celebra as Letras Galegas cun concurso, participación cidadá e un espectáculo diferenciador

16 / MAI / 2016

Sada celebra as Letras Galegas cun concurso, participación cidadá e un espectáculo diferenciador

- Aos participantes convócaselles o vindeiro sábado 21 de maio ás 13:00 horas na Capela de San Roque para que asistan a un sorprendente espectáculo diferenciador titulado “Moita poesía, pouca diversión” a cargo do grupo Lado-Aldao.

Sada, 16 maio 2016.

A Concellaría de Cultura, xestionada polo socialista Marcos Villar, programa para celebrar o Día das Letras unha actividade que conxuga participación cidadá, un concurso cultural e poético e un espectáculo diferenciador a cargo do grupo Lado-Aldao.

A actividade desenvolverase durante toda a semana, a partir de hoxe, e terá a súa culminación o vindeiro sábado cun acto na Capela de San Roque.

Durante esta semana nos comercios locais que se sumaron a esta iniciativa distribuiranse uns folletos onde aparte de facer unha breve reseña sobre a vida e obra de Manuel María proponse a participación do usuario mediante un cuestionario acerca do propio autor outeirán, en particular, e da celebración do día das letras galegas, en xeral.

A ficha contempla tamén a participación mediante a redacción duns versos nos que se propón ao usuario que se converta en poeta por un día.

Aos participantes convócaselles o vindeiro sábado 21 de maio ás 13:00 horas na Capela de San Roque para que asistan a un sorprendente espectáculo diferenciador titulado “Moita poesía, pouca diversión” a cargo do grupo Lado-Aldao.

Os asistentes que durante o espectáculo entreguen as fichas con todas as súas respostas correctas participarán no sorteo de tres agasallos compostos por un lote de libros de Manuel María, unha peza do catálogo de Cerámicas do Castro e un cheque-regalo para gastar en material educativo nas librarías sadenses.

 

 

Arquivado en