Sada busca integración socio-laboral a través da formación de brigadas medioambientais

06 / ABR / 2017

Sada busca integración socio-laboral a través da formación de brigadas medioambientais

- A actuación se enmarca no Plan Coordinador de servizos sociais do Consorcio As Mariñas e realízase a través da concellería de Benestar.

-O obxectivo é contribuir á integración social e laboral de colectivos con especiais dificultades para atopar e manter un posto de traballo.

-Desde xuño do pasado ano as brigadas veñen traballando en distintos espazos axardinados públicos do municipio como a rúa Betanzos, o Curruncho, ou o Paseo Marítimo onde actualmente están acondicionamento o céspede.

Sada, 6 abril 2017.

O Concello de Sada, a través da concellería de Benestar, xestionada pola nacionalista Isabel Reimundez, e o Consorcio As Mariñas asinaron o pasado ano un convenio para a formación dunha brigada medioambiental formada por persoas con discapcidade co obxectivo de  fomentar a inserción laboral dos/as participantes.

O proxecto consistiu na formación dun grupo de cinco persoas en tarefas propias de servizos públicos medio-ambientais. A  formación desenvólvese en actividades de xardinaría e  limpeza en espazos públicos do concello, coa supervisión dunha preparadora laboral.

Os/as alumnos/as reciben agas a formación específica, unha bolsa económica por cada hora de formación e o seguro correspondente.

A actuación se enmarca no Plan Coordinador de servizos sociais do Consorcio As Mariñas e o Concello de Sada, actuacións que teñen como obxectivo contribuir á integración social e laboral de colectivos con especiais dificultades para atopar e manter un posto de traballo.

Desde a concellería sinalan que as persoas interesadas en formar parte desta brigada poden ser valoradas desde os Servizos sociais municipais e se cumpren cós requisitos poderán ingresar no devandito programa. 

Arquivado en