Sada aumenta as partidas de protección social e bens públicos no orzamento 2020

24/11/2019

Sada aumenta as partidas de protección social e bens públicos no orzamento 2020

-O orzamento, que se leva ao pleno do xoves 28 de novembro, prima as actividades culturais, nas que se verán incluídos os actos do Centenario de Isaac Díaz Pardo, en detrimento da partida de Festas, que contempla unha redución importante.

“Son orzamentos pensados por e para a xente, é a forma de facer política que ten este goberno, onde se priman as necesidades sociais, a protección dos máis desfavorecidos, a educación e a cultura como piares fundamentais da nosa sociedade” indica Pilar Taibo concelleira de Facenda.


Sada, 23 novembro 2019

-Total do Orzamento: 13.114.647 euros. Variación relativa do 2,82% respecto do ano 2018.

O goberno municipal de Sada presentará no vindeiro pleno do día 28 de novembro o primeiro orzamento deste mandato, correspondentes ao exercicio 2020, no que seguirá primando a inversión na partida orzamentaria destinada a emerxencia social, tal e como ven acontecendo dende que o alcalde Benito Portela asumiu a responsabilidade de gobernar. O novo orzamento aumenta un 2,82% con respecto ao do 2018 pasando a un total de 13.114.647 euros.

“Son orzamentos pensados por e para a xente, é a forma de facer política que ten este goberno, onde se priman as necesidades sociais, a protección dos máis desfavorecidos, a educación e a cultura como piares fundamentais da nosa sociedade” sinala a concelleira de Facenda, Pilar Taibo.

Aumento en Protección Social, Sanidade, Educación, cultura e Deportes.

Presenta un aumento significativo do 10,36% o capítulo 2 “Protección social”, cun investimento final de 1.591.776,30 euros, derivado principalmente polo incremento de gasto destinado ao Servizo de Asistencia no Fogar Dependencia, dotado de máis de 100.000 euros con respecto ao anterior, así coma as subidas no servizo de Xantar na Casa, no SAF básico ou na partida orzamentaria destinada a emerxencia social.

Aumenta tamén o capítulo de bens públicos, no que se inclúen as áreas de sanidade, educación, cultura e deportes, que se ven traducidas principalmente, polo incremento nas partidas de mantemento dos centros escolares ao ter asumido o CEIP O Mosteirón. Súmaselle o aumento nas becas escolares, tanto no transporte como na adquisición de material escolar.

Destaca a implantación do servizo de comedor escolar no CEIP Sada e Contornos, que este goberno decidiu asumir para darlle á comunidade escolar un servizo básico e de calidade.

Se priman as actividades culturais, nas que se verán incluídos os actos do Centenario de Isaac Díaz Pardo, en detrimento da partida de Festas, que contempla unha redución importante.

Inversións

No capítulo de inversións, se inclúe crédito para a demolición do edificio O Náutico dando cumprimento ao acordado no Pacto de Goberno.

Se consigna unha partida de 100.000 euros para levar a cabo a reparación de catro pistas polideportivas en distintas parroquias do Concello, e se contempla a previsión de obras de conservación na cuberta do edificio de Axudantía.

Por outra banda se prevé a adquisición mobiliario-equipamento para praias, áreas caninas, investimentos en marquesiñas transporte ou de conservación en camiños municipais, etc....son partidas dotadas de medios económicos.

Débeda municipal

É importante subliñar que na actualidade, o Concello de Sada está libre de endebedamento con entidades financeiras.

Este orzamento cumpre cos obxetivos de estabilidade orzamentaria e nivel de endebedamento segundo o informe do interventor municipal

 

 

Arquivado en:
Novas. Alcaldía . Urbanismo. Benestar Social e Igualdade. Avisos. Educación e Deporte. Facenda, Administración Local, Administración Electrónica, Contratación e Seguridade Cidadá. Obras e Servizos. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías. Cultura . Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado.

Temas:
Benestar Social. Economía. Subvencións e axudas. Saúde. Urbanismo. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA