SADA APROBA AXUDAS DIRECTAS DE ATA 1.500 EUROS PARA AUTÓNOMOS E PEMES

26/06/2020

SADA APROBA AXUDAS DIRECTAS DE ATA 1.500 EUROS PARA AUTÓNOMOS E PEMES

O Concello de Sada destinará 800.000 de euros en axudas directas entre 750€ e 1500€, destinadas a negocios con enderezo fiscal no municipio de Sada que tivesen que suspender a súa actividade ou que viran reducida a súa facturación nun 75 %, e buscaran complementar ás iniciativas dos Gobernos central e autonómico.

O Pleno da Corporación aprobou onte esta liña de axudas onde se tiveron en conta as propostas das entidades comerciais e empresariais ás que desde o goberno municipal agradecen a súa coloboración .


Sada, 26 xuño 2020.

O Pleno da Corporación aprobou no día de onte as Bases das axudas do programa Sada Activa, destinadas a persoas autónomas, e pequenas e medianas empresas da localidade co obxectivo de manter a actividade económica, protexer o emprego e rebaixar o impacto social da crise sanitaria e económica provocada pola COVID-19.

O Concello de Sada abrirá unha liña de axudas de 750 euros para aquelas persoas físicas ou xurídicas sen persoal por conta allea ao seu cargo. A esta cantidade sumaránse 250 euros por cada persoa contratada por conta allea ao seu cargo ata un máximo de 1.500 euros. “É unha axuda complementaria das prestacións extraordinarias do Goberno central e das que poidan xurdir do Goberno autonómico”, explicou o alcalde Benito Portela.

“Destinaremos 800.000 euros en axudas directas ás empresas de Sada”, destacou o rexedor, quen tamén subliñou que o compromiso do Concello é de atender o maior número de solicitudes posibles. Este programa  búscará axudar economicamente ás persoas autónomas, pequenas e medianas empresas de Sada que tiveran que suspender a súa actividade pola declaración do estado de alarma ou que viron reducida a súa facturación polo menos nun 75%.

A Concelleira de Promoción económica, Turismo e Emprego, Laura Rodríguez, sinalou que “se trata dunha iniciativa encamiñada á protección do emprego en Sada coa finalidade de contribuir desde a Administración Local a manter na nosa vila a actividade económica e polo tanto o emprego”. Ademais, engade que este programa supón “un esforzo solidario que pretende chegar ao maior número de persoas afectadas”.

As solicitudes estarán dispoñibles na Sede Electrónica do Concello de Sada e tramitaranse por vía telemática. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Beneficiarios e condicións das axudas.

Poderán ser beneficiarias/os da prestación extraordinaria por cese de actividade aquelas empresas que teñan o seu enderezo fiscal e  realicen a súa actividade en Sada e que estean ao corrente das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social e sen débedas pendentes con calquera administración.

As empresas que opten a estas axudas deberán manter a actividade empresarial ata o 31 de decembro de 2020 e se é o caso de ter empregados/as ao seu cargo deberase manter, como mínimo, un 50 % do persoal.

Os beneficiarios/as someteraranse ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas pola vixente normativa en materia de subvencións.

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Alcaldía . Meirás. Mondego. Mosteirón. Benestar Social e Igualdade. Avisos. Osedo. Sada. Facenda, Administración Local, Administración Electrónica, Contratación e Seguridade Cidadá. Soñeiro. Veigue. Promoción Económica, Turismo e Emprego. Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado.

Temas:
Benestar Social. Economía. Subvencións e axudas. Saúde. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA