Sada aproba aumentar partidas de emerxencia social e actuacións de infraestruturas

28 / MAI / 2020

Sada aproba aumentar partidas de emerxencia social e actuacións de infraestruturas

O goberno local presentou ao pleno celebrado esta tarde un modificativo de crédito e a dotación de partidas para Plans Provinciais que suporán inversións en obras por valor de un millón de euros e o aumento das partidas de emerxencia social para o financiamento de gastos sociais extraordinarios derivados do COVID-19.

Sada, 28 maio 2020.

O expediente de modificación de crédito 8/2020 pretende o incremento do orzamento municipal en 438.571,93 euros con destino a achegas municipáis a proxectos de investimento cofinanciados por outras administracións e investimentos urxentes.

Mediante este modificativo realizaranse conservacións de infraestructuras por valor de Osedo por valor de 52.194 euros, escolleras no Tarabelo e Seixeda e a mellora das dársenas dos autobuses por un total de 23.072,45 euros. Asemade aprobouse dotar con 222.185 euros, correspondente ao 20% da actuación que ten que asumir o Concello de Sada, para catro proxectos de renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior en base a criterios de eficiencia enerxética no alumbrado público en varias zonas do municipio. A modificación da actuación do Centro Formación Ocupacional por valor de 52.193,84 e mellora de camiños e da dársena dos autobuses por un total de 23.072,45 euros completan a dotación do modificativo.

Outro dos puntos do pleno foi a aprobación da ampliación da dotación das partidas destinadas a garantir ingresos suficientes ás familias, para asegurar a cobertura das súas necesidades básicas, xa sexan estas de urxencia ou de inserción por un importe de 45.960 euros logo de que no pleno extraordinario da pasada semana se asignasen tamén 30.000 euros a emerxencia.

Ademáis o goberno local sacou adiante a asignación municipal do POS+2020 adicional para gastos correntes e investimentos financeiramente sostibles. Este Plan provincial contempla a realización da renovación da Avda. Párroco Villanueva en Sada, a dotación do servizo de distribución de auga na parroquia de Osedo e a substitución de redes principais e as súas acometidas, instalación de novos servizos e pavimentacións en Praciña da Mariña, rúa Oriente e rúa do Sol, en Sada. As tres actuacións contemplan unha inversión de 588.440 euros e para as que o Concello de Sada debe dispor 172.351 euros.

Informe de intervención

O Concello de Sada aprobou destinar un millón de euros do remanente de tesourería a autónomos e pemes no pasado pleno extraordinario e no de esta tarde 438.572 euros a inversións e axudas de emerxencia social tamén coa mesma partida.

“As entidades locais incrementamos o remanente co esforzo da xente, sinala o alcalde Benito Portela, é unha anomalía non poder utilizalo en obras e servizos esenciais”.

A liquidación do 2019 do Concello de Sada lanzaba un remanente de 3.500.000, dous millóns de euros máis que cando Benito Portela chegou a alcaldía a pesar de baixar impostos como o IBI. “Estamos nun momento crítico e utilizaremos o remanente para rescatar as persoas, os Concellos somos maduros e responsables e non necesitamos tutelas”, reflexionaba Portela no transcurso do pleno.

“En Sada incrementamos os recursos para implementar unas políticas sociais en rescatar persoas grazas a que temos as contas saneadas” sinalaba o rexedor ao termo do pleno.

Precisamente pola utilización do remanente o informe de intervención sinala a que a liquidación do orzamento 2019 no Concello de Sada obriga á elaboración dun PEF que permita no ano en curso e no seguinte o cumprimento dos ditos obxectivos. En todo caso subliña o informe de intervención “a presente modificación non afecta ao nivel de endebedamento municipal” e engade que “a crise orixinada polo COVID-19 vai a ter uns efectos negativos aínda non cuantificados sobre as finanzas municipais, diminuíndo os ingresos e provocando incremento de gastos polas novas necesidades sociais, económicas e sanitarias xurdidas”.

Arquivado en