Sada anuncia os premios do Concurso de Postais do Nadal

17/12/2020

Sada anuncia os premios do Concurso de Postais do Nadal

A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego vén de dar a coñecer os/as gañadores/as do Concurso de Postais do Nadal, que busca o fomento da interrelación da comunidade escolar, o tecido comercial e a veciñanza de Sada, así como a promoción do galego nestas áreas.


Sada, 17 decembro 2020

A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego buscando o fomento da interrelación da comunidade escolar, o tecido comercial e a veciñanza de Sada, así como a promoción do galego nestas áreas, convocou un concurso de Postais de Nadal que premia con agasallos sorpresa que o Concello de Sada mercará ao comercio local.

Logo de reunirse o xurado, composto por personal das áreas de Promoción Económica, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Sada, decidiron outorgar os seguintes premios:

Primeiro premio: recaeu de forma conxunta nos irmáns Sara (10 anos) e Diego (8 anos) Ponce Burgos

 

Segundo premio: Antía Ferreiro (4 anos)

 

Terceiro premio: Mar Bermejo Carneiro

 

As postais gañadoras do concurso, dirixido a rapazas e rapaces menores de 16 anos, será utilizada como imaxe da Campaña de Nadal do Concello de Sada e publicaranse na web e nas redes sociais do Concello.


Arquivado en:
Novas. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Formación. Educación. Cultura. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA