Sada amplía a duración do servizo para á solicitude do IMV

03/08/2020

Sada amplía a duración do servizo para á solicitude do IMV

Sada amplía a duración do servizo para á solicitude do Ingreso Mínimo Vital e do Programa de Axudas ao Alugueiro debido a demanda cidadá

Ata finais de xullo, o servizo acompañou a tramitación de 140 solicitudes para as dúas axudas contempladas, atendéndose máis de 150 chamadas, tanto para solicitude de información como para a concertación da cita presencial.

 


Sada, 3 agosto 2020.

O Concello de Sada decidiu ampliar 2 semanas o servizo de información e asesoramento  para a tramitación de axudas que minimicen o impacto económico e social do Covid-19. Estas axudas son o Ingreso Mínimo Vital (IMV) promovido pola Seguridade Social e as axudas para alugueiros de vivenda habitual dependente da Xunta de Galicia.

Dende este servizo, todas as persoas empadroadas que desexen solicitar as axudas citadas poden recibir asesoramento sobre os requisitos e, de forma presencial tamén axuda na tramitación e presentación das solicitudes. O servizo, impulsado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade e que leva en funcionamento dende o 22 de xuño, será ampliado ata o venres 4 de setembro inclusive.

Ata finais de xullo, o servizo acompañou a tramitación de 140 solicitudes para as dúas axudas contempladas. Atendéndose máis de 150 chamadas, tanto para solicitude de información como para a concertación da cita presencial.

O Ingreso Mínimo Vital é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que viven soas ou están integradas nunha unidade de convivencia e carecen de recursos económicos básicos para cubrir as súas necesidades. Por outra banda, o Programa de Axudas para minimizar o Impacto Económico e Social do Covid-19 nos Alugueiros de Vivenda Habitual ten por obxecto a concesión de axudas ao alugueiro que, como consecuencia do impacto económico e social do Covid-19, teñan problemas transitorios para atender o pagamento parcial ou total do alugueiro.

O teléfono para realizar consultas, recibir asesoramento ou solicitar a cita previa para a tramitación é o 687 322 743, en horario de 08:00 a 16:00.  Ademais, se se prefire, pódense realizar as consultas a través do correo electrónico axudas@sada.gal. A atención presencial, con cita previa, realizase na aula CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica), localizada na OMIX (Praza da Pescadería, 5), os luns, mércores e venres de 09:00 a 14:00.

Arquivado en:
Novas. Benestar Social e Igualdade. Avisos. Sada.

Temas:
Benestar Social. Subvencións e axudas. Saúde. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA