SADA ALEGA CONTRA O PLAN ESPECIAL "SENDA FLUVIAL RIO MAIOR" DO CONCELLO DE BERGONDO

03 / SEP / 2019

SADA ALEGA CONTRA O PLAN ESPECIAL "SENDA FLUVIAL RIO MAIOR" DO CONCELLO DE BERGONDO

-O Concello de Sada entende que o plan especial debe ter carácter supra municipal dada a incidencia sobre As Brañas de Sada e o bordo litoral.

Sada, 3 setembro 2019

No día de hoxe, o Concello de Sada ven de presentar alegacións contra o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións “Senda fluvial do río Maior” do Concello de Bergondo que está en exposición pública.

O Concello de Sada entende que o Plan Especial da Senda no rio Maior debe ter carácter e solucións supramunicipal xa que o percorrido do rio Maior abrangue os territorios dos Concellos de Bergondo e Sada polo que o impacto do plan especial afecta de xeito significativo ao Concello de Sada tanto pola súa influenza sobre o espazo das Brañas como polo feito que desemboca na praia de As Delicias de Sada.

Outras das alegacións baséanse en que non se teñen en conta nin a situación medioambiental do rio Maior nin hai referencia a como se desenvolvería a nova conexión entre os novos colectores proxectados por debaixo da senda e a EDAR de Gandarío, se a EDAR de Gandarío ten capacidade para soportar esta nova rede prevista e que tampouco se teñen en conta o estado actual da estación de bombeo de Cambade que está fora de servizo e os setes colectores xa construídos que tamén están fora de uso.

O plan tampouco ten en consideración o establecemento da nova ARPSI Fluvial ES 014-CO-12-02-01 Rego Maior prevista no documento de avaliación preliminar do risco de inundación da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa (ciclo 2021-2027) que aínda que non se atopa na zona de delimitación incide directamente na zona de influenza.

En definitiva, o Concello de Sada ve con preocupación que todas estas cuestións non sexan tratadas nin na memoria do PEID “Senda Fluvial do Rio Maior” nin no proxecto construtivo xa que o fallo ou insuficiencia da nova rede prevista pode incidir directamente sobre o rio Maior tendo consecuencias nefastas para o espazo natural das Brañas en particular e para o Concello de Sada e seu bordo litoral en xeral. 

Arquivado en