Sada adxudica as obras de mellora de 12 camiños nas parroquias

19 / XUN / 2018

Sada adxudica as obras de mellora de 12 camiños nas parroquias

-“Os camiños das parroquias necesitan un mantemento adecuado como consecuencia do paso do tempo e do tráfico cada vez mais intenso que deben soportar. Con esta inversión preténdese renovar o firme para mellorar a  seguridade dos viandantes e conductores” indica o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Tenreiro.

Sada 18 xuño 2018.

O goberno municipal de Sada aprobou na última Xunta de Goberno Local a adxudicación de dous paquetes de obras que inclúen a mellora de camiños no municipio. Trátase dunha primeira fase de actuacións nas parroquias que desde a concellería de Obras e Servizos, xestionada por Miguel Tenreiro, realizará nas próximas semanas en 12 camiños e que nas seguintes fases abarcara un total de 35 camiños . A adxudicación dos contratos de obra de ambos proxectos correspondeu á empresa Excavaciones Cernadas Valiña. A mellora da seguridade vial no camiño de Condesa e outros cinco camiños municipais adxudicouse en 99.673,10€ mentres que a reparación do camiño de Machado a Fraga e outros cinco camiños por 42.809,82€.

Segundo o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Tenreiro, “os camiños das parroquias necesitan un mantemento como consecuencia do paso do tempo e do tráfico cada vez mais intenso que deben soportar. Con esta inversión preténdese renovar o firme para mellorar a  seguridade dos viandantes e conductores”.

Coas obras que se van a levar a cabo nas próximas semanas búscase que a ampliación do ancho dos viais incidan na mellora da seguridade viaria, realizando a mellora do firme coa incorporación de novas capas máis adecuadas ás características do tráfico rodado que soportan e obras de mellora da drenaxe, reforzo de cunetas e mellora da sinalización.

Nesta primeira fase de actuación nas parroquias a concellería de Obras e Servizos comezará as obras nas próximas semanas no camiño de A Condesa en Osedo; no camiño a Rúa da Cova, no camiño do cimiterio e no camino da Regueira en Soñeiro;  na parada de autobuses escolares en Souto da Igrexa na parroquia de Meirás para realizar un sobreancho; no camiño de Meirás a Fortiñon en  Mondego;  no camiño de Machado a Fraga, no camino de Carballal e no no camino de Soutovello, en Mosteirón; nos camiños de Cirro e de A Fraga en Veigue e nun camiño de Samoedo en Sada.

Arquivado en