SADA ADXUDICA A MELLORA DE CAMIÑOS EN MEIRÁS Y OSEDO

13 / ENE / 2020

SADA ADXUDICA A MELLORA DE CAMIÑOS EN MEIRÁS Y OSEDO

O Concello de Sada ven de adxudicar o proxecto MELLORA DOS PAVEMENTOS DOS CAMIÑOS DE PEROUTEIRO á empresa CANARGA, S.L. por un importe de 34.900 euros con cargo ao Plan marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). A  das obras previstas levaránse a cabo nos camiños de titularidade municipal de Vilar e un corto treito do Camiño da Condesa en Castelo, parroquias de Meirás y Osedo respectivamente.

 

SITUACIÓN E EMPRAZAMENTO DAS OBRAS.

As obras previstas levaránse a cabo nos camiños de titularidade municipal de Vilar e un corto treito do Camiño da Condesa en Castelo, nas parroquias de Meirás y Osedo.

ANTECEDENTES.

Os camiños e as súas cunetas, tenen treitos con pouca pendente polo que as augas pluviais circulan a baixa velocidade, e se estanca o que provoca o seu deterioro a todos os niveis: sub-base, base e pavemento.

Como consecuencia do paso do tempo e o progreso propiciado xeráronse novas necesidades e servizos do tráfico pasando a ser un pouco máis intenso, con todo tipo de vehículos: circuitos de distribución, recollida de produtos, vehículos empregados na construción de vivendas, etc.

Iste incremento do tráfico deben soportalo todos os camiños do municipio e por iso, en moitos casos, debe de dotárselles dun maior paquete de firmes e dun pavemento máis regular e estable que impida a súa destrución, así como mellorar a comodidade e seguridade dos viandantes e dos condutores.

Todo isto fai que a renovación e mellora dos camiños sexa decisión e obriga da administración local, tal xustificación técnica está na mellora da accesibilidade aos lugares e na necesidade de consolidar uns viais que se atopan no comenzo dunha etapa de degradación que os faría intransitables.

Nesta obra preténdese regularizar os camiños con zahorra natural para mellorar o peralte e/o afirmado da plataforma, regularizar as rasantes para evitar badenes e por último, nos treitos donde exista tripla rego bituminoso aplicarase un aglomerado en quente, incluso rega de adherencia para os pavementos de rodadura. 

ACTUACIÓNS:

1.Excavación mecánica de gabia para tuberías, con retroescavadora, en terreo tránsito, medido sobre perfil.

2. Cano de tubo corrugado de PEAD saneamento de 0,315 m de diámetro exterior.

3.Sumidoiro de recollida de pluviais, en arqueta de 34x51x60 cm.

4.Base granular de zahorra artificial.

9. Soleira de formigón de 15 cm de espesor, realizada con formigón HA-25.

10. Firme a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 6 cm. de espesor.

11. Sinal triangular de lado 70 cm., normal e troquelada, incluso poste galvanizado.

12. Marca vial continua reflexiva de 10 cm, con pintura reflexiva.

13. Recalce de tapas de rexistro con dados de formigón HA-25 armado con fibra.

En definitiva trátase de incidir na mellora dos accesos e da comunicación a través da rede viaria de titularidade municipal.

Arquivado en