Sada acolle as xornadas de elaboración da Estratexia de desenvolvemento local da zona pesqueira GALP Golfo Artabro Sur

18 / NOV / 2016

Sada acolle as xornadas de elaboración da Estratexia de desenvolvemento local da zona pesqueira GALP Golfo Artabro Sur

-Coa presenza do concelleiro nacionalista Liss Suárez Becerra e do alcalde de Sada, Benito Portela celebrouse esta mañá na Casa do Mar a mesa de traballo do Sector Público. Xa pola tarde celébraronse as mesas de traballo de Medio ambiente e Patrimonio, de Economía e Turismo e do Sector Pesqueiro.

-Documento Mesas Sectoriales GALP

Sada 17 novembro 2016.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro do Golfo Ártabro Sur, está elaborando a Estratexia de Desenvolvemento Local da zona pesqueira para o período de programación 2014-2020 do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Con este motivo celebraron onte na Aula do ISM na Casa do Mar a segunda xornada, que está a abordar o seu deseño.

Coa presenza do concelleiro DE Promoción Económica e Turismo, o nacionalista Liss Suárez Becerra, e do alcalde de Sada, Benito Portela, celebrouse a mesa de traballo do Sector Público. Xa pola tarde celebráronse as mesas de traballo de Medio ambiente e Patrimonio, de Economía e Turismo e do Sector Pesqueiro.

Esta é a segunda cita en Sada para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Na primeira reunión, presidida polo presidente do GALP, Andrés García Boutureira, contou cunha ampla participación de representantes de diferentes asociacións do sector pesqueiro, asociacións de redeiras, asociacións empresariais, concellos, confrarías, clubes náuticos e organismos públicos.

As  reunións, serven para dar o arranque ao proceso de participación de elaboración da EDLP, que quedará rematada a principios do mes de decembro e nas que se abordan tres ámbitos de traballo.

No sector pesqueiro a importancia da valorización dos produtos pesqueiros en fresco, a importancia de incidir no seu consumo en diferentes ámbitos, a necesidade de loitar contra a contaminación das augas e a súa incidencia no medio mariño e costeiro, etc.

No ámbito da diversificación económica e o turismo, a relevancia que ten o Camiño Inglés como motor de dinamización do turismo, aproveitando a sinerxía cos ámbitos pesqueiro e patrimonial como motores de desenvolvemento, a trascendencia da actividade náutica e actividades lúdico deportivas vinculadas ao mar.

No ámbito ambiental e patrimonial destacou a importancia de mellorar a calidade e a preservación da biodiversidade da rías, a importancia do ecoturismo, e tamén, o reforzo do extenso patrimonio material da zona e o inmaterial vinculado ao ámbito mariño, marítimo e pesqueiro.

Arquivado en