Sada abre ao público a piscina das Cerámicas do Castro

25 / XUN / 2018

Sada abre ao público a piscina das Cerámicas do Castro

- A piscina construída no seu día para os traballadores dentro do recinto da fábrica, e que conta cun vistoso deseño de polbos de Luís Seoane no vaso, ábrese ao público por tercer verán consecutivo, sendo unhas iniciativas da área de deportes máis exitosas do mandato e que, do mesmo xeito que o pasado ano, volverá ser gratuíta para a cidadanía de Sada.

Sada, 25 xuño 2018.

Sada ven de firmar, de novo, un convenio de colaboración coas Cerámicas do Castro-Grupo Sargadelos para a explotación por parte do Concello de Sada da instalación da Pía do Loureiro das Cerámicas do Castro, que estará aberta gratuitamente e dispoñible para toda a veciñanza desde hoxe ata o 16 de setembro en horario de 12:00 a 20:00 horas.

A aposta que o alcalde de Sada, Benito Portela, enmarcou no seu día como unha das actuacións “tendentes a pór en valor espazos culturais e de lecer” do municipio e que, neste caso, permitiu recuperar unha piscina que estaba en desuso desde o 2008, volve por cuarto ano consecutivo a abrir este verán.

Para a explotación da piscina e as instalacións anexas, coma vestiarios e zona de solárium, o concello asume a xestión integral aportando servicio de socorrismo, limpeza e mantemento das instalacións. Este ano como novidade haberá servizo gratuito de tumbonas e parasoles.

Portela recorda que “os poderes públicos deben de promover e tutelar o acceso á cultura e o deporte aos que a veciñanza ten dereito e por outro lado temos que ser quen de promover as condicións para a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural de Sada, por eso chegamos a un convenio de colaboración coas Cerámicas do Castro a nivel institucional, cultural e social”.

A piscina construída no seu día para os traballadores dentro do recinto da fábrica, e que conta cun vistoso deseño de polbos de Luís Seoane no vaso, ábrese ao público por cuarto verán consecutivo, sendo unhas iniciativas da área de deportes máis exitosas do mandato e que, do mesmo xeito que o pasado ano, volverá ser gratuíta para a cidadanía de Sada.

Arquivado en