Renovación do abastecemento de auga na avenida Barrié de la Maza

05/07/2019

Renovación do abastecemento de auga  na avenida Barrié de la Maza

O proxecto do Concello de Sada, cun orzamento de 37.936,88€ + IVE , renovará o abastecemento nun tramo de 140 metros na rúa comercial sadense.


Sada 5 xullo 2019

A zona do núcleo urbano de Sada que actualmente está en obras é unha parte da avenida Barrié de la Maza cunha actividade comercial elevada, pola numerosa presenza de locais, e de carácter residencial.

As obras que se proxectan tratan de mellorar os servizos de auga que sofren problemas nos meses estivais ao incrementarse a poboación dada a antigüidade das infraestruturas existentes.

Desde o Concello de Sada se vén comprobando que a avenida Barrié de la Maza require de obras de mellora nas infraestruturas de auga. A rede existente en fibrocemento non é capaz de soportar a fatiga á que se ve sometida durante os meses estivais, causando a rotura nunha das arterias principais do núcleo urbano de Sada.

Con esta actuación renovarase o servizo de abastecemento no tramo comprendido entre a Praza de España e a Igrexa Nova instalando unha nova tubaxe, realizando as acometidas domiciliarias e repoñendo todo o pavimento danado polas obras. En total instalaranse 140 metros de nova tubaxe e trasladaranse a esta 17 acometidas.

 

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Obras e Servizos.

Temas:
Economía. Urbanismo. Mobilidade. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.