RECOMENDACIÓNS E TELÉFONOS DE INCIDENCIAS TEMPORAL SÁBADO 21 DECEMBRO

21/12/2019

RECOMENDACIÓNS E TELÉFONOS DE INCIDENCIAS TEMPORAL SÁBADO 21 DECEMBRO

Teléfonos de incidencias, recomendacións e cancelación de actividades.


TELÉFONO ESPECIAL DE INCIDENCIAS

O Concello de Sada, ante a Alerta Vermella de vento prevista para esta tarde, habilita un número de teléfono especial para comunicacións de incidencias, ademáis do da Policía Local e o 112.

  • TELÉFONO INCIDENCIAS- 881 895 244
  • POLICÍA LOCAL - 629 572 289
  • SEM - 607 438 457

Co paso das horas, as condicións meteorolóxicas empeorarán no norte da provincia da Coruña, isto é, desde a Costa da Morte ata Estaca de Bares, onde se activará a alerta VERMELLA. Nestas zonas, os refachos de vento serán furacanados ata o punto de alcanzar os 140km/h.

Desde o Concello de Sada incidimos en que se tomen todas as precaucións posibles para esta tarde.

CANCELACIÓN DE ACTIVIDADES

Debido ao temporal lembramos que quedan canceladas actividades programadas para hoxe:

  • Feirón. Non se celebrará o tradicional mercadillo na tarde de hoxe e se prohibirá a venta ambulante.
  • Roteiros Saudables. O roteiro programado para esta mañá en Soñeiro suspéndese para salvagardar a integridade de todas e todos os participantes.
  • Pista Patinaxe. A carpa situada detrás do edificio da Terraza estará pechada durante todo o día de hoxe.
  • Elfos Carteiros. A visita programada dos Elfon Carteiros para os días 21, 22 e 23 de decembro nas parroquias de Sada queda suspendida. Programarase a partir de xaneiro a visita dos paxes reais nas parroquias.
  • Casiña Papa Nöel. Se pecha a Casiña Papa Nöel situada no Boulevard das Mariñas durante toda a xornada.
  • Papanoelada Moteira. Cancélase a parada moteira prevista ás 17:50 na carpa situada detrás do edificio de A Terraza. Ademáis non estará instalado o punto de recollida da Cruz Vermella na carpa.
  • Actividades deportivas. Se suspenden todas as actividades deportivas ao aire libre a realizar en instalaciones deportivas do Concello.

RECOMENDACIÓNS Á POBOACIÓN

O vento pode provocar diversas situacións que poden poñernos en perigo. Por iso, le con atención e adoptas as medidas de protección mentres dure este episodio adverso do máximo nivel de alerta.

Que podemos esperar?

  • Vías cortadas por vexetación, cascotes e mobiliario urbano
  • Desprendementos de tellados, cornixas ou outros elementos de construción
  • Caída de estruturas, tales como estadas, guindastres, etc.
  • Bandazos e dificultade para avanzar ao conducir

Como podemos reducir riscos?

  • Non te despraces
  • En caso estritamente necesario, agarra con forza o volante ao conducir 
  • Camiña afastado de edificios ou estruturas
  • Nunca subas a lugares altos ou te aproximes a cantís

Alcanzamos a máxima alerta no mar e iso provocará certas situacións de perigo que debemos ter en conta para protexernos.

Que podemos esperar?

  • Ondas moi altas e vento moi forte
  • Embarcacións ou outras estruturas marítimas á deriva
  • Desbordamentos e inundacións pola chea da marea
  • Obxectos e mobiliario urbanos arrastrado polo mar

Como reducir os riscos?

  • Non saias navegar, pescar ou practicar deportes acuáticos
  • Afástate dos paseos marítimos, diques, rompentes, praias, cantís
  • Respecta os cordóns de seguridade e as indicacións dos axentes
  • Por moito que a ondada e asombre, nunca pares a tomar fotografías

A suba inesperada dos caudais dos ríos pode dar lugar a desbordamentos puntuais e, consecuentemente, a inundación eventual dun terreo, un espazo urbano ou propiedades. Por iso, le con atención esta información para saber como actuar en casos coma estes.

Que podemos esperar?

  • Suba repentina do caudal dos ríos
  • Desbordamentos puntuais e inundacións eventuais de terreos, espazos urbanos e propiedades

Como reducimos riscos?

  • Abandona as actividades que poidas estar realizando nos espazos fluviais
  • Retira vehículos da marxe dos ríos
  • Evita atravesar pontes ou torrentes
  • En caso de que a auga alcance o teu vehículo, sae e sitúate nunha parte alta

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Alcaldía . Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Obras e Servizos. Veigue.

Temas:
Saúde. Urbanismo. Mobilidade. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Maiores.