Promoción Económica realiza diversas melloras para modernizar o mercado municipal

12/04/2016

Promoción Económica realiza diversas melloras para modernizar o mercado municipal

A Concellaría de Promoción Económica, dirixida por Xosé Lois Suárez Becerra, levou a cabo nos últimos días diversas actuacións encamiñadas á modernización do mercado de abastos da localidade. 

Un deses traballos foi levar a auga corrente quente á praza, o que supón ademais unha adaptación á normativa da Consellería de Sanidade, que indica que os mercados de abastos teñen que tela e o de Sada carecía deste servizo. Para iso, o que se fixo é proceder á instalación dun termo. 

Así mesmo solucionáronse recentemente os problemas relacionados coa subministración de auga, para o que se realizaron algunhas modificacións nas chaves de paso e outro tipo de actuacións na fontanaría da propia praza. 

Estes traballos, ademais de adaptar a praza de abastos de Sada ás normas vixentes da Xunta, responden a unha demanda de fai máis dunha década dos placeiros.  

Para iso, Promoción Económica contou coa colaboración do departamento de Obras e Servizos, que foi o encargado de desenvolver estes traballos. 

Por outra banda, a concellería anuncia que a praza sadense participará no programa denominado "Quere ou teu mercado", unha iniciativa internacional sen ánimo de lucro na que toman parte países como Alemaña, Suecia, Irlanda ou China, entre outros. 

Realizarase en todos os lugares o mesmo día e terá lugar durante a segunda quincena de maio. O obxectivo é atraer aos clientes e transmitirlles os beneficios do consumo de produtos autóctonos ofertados polos mercados de proximidade, aumentando así mesmo a visibilidade das prazas municipais.

Arquivado en:
Novas. Administración local, obras e servizos. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Vivenda. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños.

AXENDA