Promoción Económica e AJE programan #EMPRENDESada para potenciar o comercio local

03/10/2016

Promoción Económica e AJE programan #EMPRENDESada para potenciar o comercio local

-Liss Suárez Becerra e Marcos Balboa Beltrán presentaron o programa de formación que se levará a cabo a partir do xoves en Sada. Os cursos se impartirán na aula da Red CeMit, na Praza da Pescadería, a partir do 6 de outubro e os comerciantes interesados poden inscribirse a través do enderezo electrónico info@ajecoruna.es ou no 981 915635.

-“Este é o primeiro paso, sinalou Becerra, dun camino coa AJE que terá moitas actividades conxuntas que realizaranse a partir de agora”.

-Segundo Marcos Balboa Beltrán, presidente da Asociación de Novos Empresarios da Provincia de A Coruña (AJE), “o obxetivo que se marcou AJE e Promoción Económica xunto co comercio local foi enfocar os cursos aos ámbitos prácticos do día a día e como mellorar as ventas e xestionar máis profesionalmente os comercios”.

- Audio da rolda de prensa onde se presentou #EMPRENDESada

Sada 3 de decembro 2016.

O concello de Sada, a través da concellería de Promoción Económica xestionada por Liss Suárez Becerra, e a Asociación de Novos Empresarios da Provincia da Coruña, presidida por Marcos Balboa Beltrán, presentaron esta mañá o programa #EMPRENDESada orientado a emprendedores e empresarios do Concello de Sada no que a través de 10 cursos  formativos poderán dar unha volta á actividade das súas empresas da man de empresarios formadores que, desde a súa propia experiencia, impartirán módulos relacionados coa xestión, estratexia e comunicación da actividade de comerciantes e empresarios

O concelleiro de Promoción Económica, Liss Súarez Becerra, sinalou na rolda de prensa que “unha das vías de dinamización do sector comercial é a formación, a dinalización e a divulgación do comercio sadense”. Becerra indicou que a concellería leva máis dun ano traballando coa Asociación de Novos Empresarios da Provincia da Coruña, nun proxecto de micro cursos de formación que definiu como “á carta” tras as reunións e conversas cos empresarios e sobre todo as empresarias de Sada, que foron quen definiron os contidos dos cursos.

Suárez Becerra destacou que Sada sempre se caracterizou e se diferenciou no comercio “polo trato preferencial e conservando uns criterios de calidade superiores ás areas comercias”. 

“Este é o primeiro paso, finalizou Becerra, dun camino coa AJE que terá moitas actividades conxuntas que realizaranse a partir de agora”.

Segundo Marcos Balboa Beltrán, presidente da Asociación de Novos Empresarios da Provincia de A Coruña (AJE), “o obxetivo que se marcou AJE e Promoción Económica xunto co comercio local foi enfocar os cursos aos ámbitos prácticos do día a día e como mellorar as ventas e xestionar máis profesionalmente os comercios”.

AJE Provincia da Coruña é unha organización sen ánimo de lucro creada por e para emprendedores e empresarios. Fomentan o talento do emprendedor, e axudan aos empresarios da provincia da Coruña a crear e consolidar as súas empresas proporcionando os medios técnicos, humanos e loxísticos necesarios, así como a potenciar unha nova cultura emprendedora e innovadora para crear unha sociedade de futuro. Actualmente son máis de 300 socios, dinámicos, activos, e con gañas de crecer. Entre os seus valores atopamos a innovación, a honestidade, a excelencia, a motivación, a iniciativa e o traballo en equipo.

Para Marcos Balboa Beltrán, presidente da Asociación de Novos Empresarios da Provincia de A Coruña (AJE), “o empresario se quere conseguir o éxito debe mellorar as facetas nas que mais fraquexa na súa empresa, e desta maneira poder mellorar todos os aspectos relacionados co mundo empresarial, obtendo un maior beneficio”.

Para isto, a concellería de Promoción Económica, xestionada por Liss Suárez Becerra, e AJE asinaron un convenio mediante o cal se levarán a cabo un ciclo de diferentes formacións, a través das cales as empresas poderán acceder a mellorar distintas partes do seu negocio.

Os cursos se impartirán na aula da Red CeMit en en Sada, na Praza da Pescadería, a partir do 6 de outubro e os comerciantes interesados de Sada poden inscribirse a través do enderezo electrónico info@ajecoruna.es ou no 981 915635.

Cursos que se imparten en Sada

O primeiro dos cursos que terá lugar o 6 de outubro é “Revisa o teu modelo de negocio: o modelo Canvas”. Formadora: Noemí Bellas Mera.Moitas pemes e autónomos en determinados momentos plantéxanse se a actividade que levan desenrolandodende fai tempo ten futuro, ou se podería ser mais competitiva. Apoiados no modelo Canvas poderemos estudar o modelo de negocio que ten o empresario, e ver si é necesario replantexar algún aspecto do seu negocio para permitirlle así ser mais competitivo.

13 de outubro. Realiza o teu propio estudo de mercado. Formadora: Beatriz Pereira Lafuente.Coñecer os clientes e a competencia é algo clave para desenrolar unha estratexia en calquera empresa. Neste relatorio mostrarásenos as ferramentas que adoitan usar os profesionais da investigación de mercados para coñecer as preferencias dos clientes, os seus gustos, e permitiranos ter un maior coñecemento da competencia. 

20 de outubro. Marketing de guerrilla: fai que te miren. Formador: Xosé Luís Reza Pérez.Nas nosas empresas, adoitan darse unha combinación case perfecta: pouco orzamento e moita necesidade de facerse ver e oír entre os consumidores. Ante esa perspectiva, non queda outra que potenciar a creatividade e a imaxinación en accións con gran impacto entre os nosos potenciais clientes pero usando poucos recursos. É así como xurde o chamado Marketing de guerrilla.

27 de outubro. Comercio: como incrementar as túas vendas e fidelizar os teus clientes. Formador: David Fernández Veloso. Unha das cuestións prioritarias para que calquera empresa siga crecendo é o aumento das vendas. Este obxectivo pódese conseguir non só centrándose en captar novos clientes, senón tamén centrándose nos clientes actuais e fidelizando . Aumentar o importe da compra como a frecuencia é o que se consigue a través da venda cruzada.

3 de novembro. Visual merchandising: mellora a imaxe do teu comercio. Formador: Mario Szabat. O punto de venda é a imaxe que se transmite do noso negocio e da nosa marca. Un bo escaparate ou lograr a colocación estratéxica dos nosos produtos no interior do comercio pode facer que as nosas vendas se incrementen substancialmente. Daremos a coñecer diversas técnicas que nos servirán como axuda para poder crear un espazo máis atractivo e chamar a atención dos nosos clientes.

10 de novembro. Mellora a produtividade xestionando adecuadamente o teu tempo. Formadora: Marcela Parga Fernández. Analizaremos as claves para rentabilizar o tempo e sacar o máximo proveito no desempeño profesional. Daremos a coñecer ferramentas de planificación para axudar a manter o equilibrio entre o traballo e a vida persoal, porque como todos sabemos... O tempo é ouro!

17 de novembro. Intelixencia emocional para empresarios. Formador: Pablo López Pérez.   A intelixencia emocional é algo que debemos ter en conta se queremos chegar a ser un bo empresario de éxito. Coñecer para que serve, como e cando debemos usala a nivel persoal como profesional para chegar aos obxectivos que nos fixemos será o reto teremos nesta microformación.

24 de novembro. Control de costos e fixación de presos. Formador: Francisco Bóveda. Un típico problema que teñen moitos empresarios e autónomos é o descoñecemento dos costos dos seus produtos e servizos e, como consecuencia, os prezos acostuman fixarse en relación á competencia sen ter en conta os marxes ou a rendibilidade. Co coñecemento de determinados conceptos que mostraremos axudaremos ó empresario cando un proxecto, produto ou servizo é rendible ou non e si, aínda así, é convinte vendelo.

1 de decembro. Comunicación On-Line: Como potenciar o teu negocio a través das redes sociais. Formador: Jerónimo Cabana Piñeiro. Dada a importancia das redes sociais hoxe en día, calquera negocio que as obvie ten moito mais complicado triunfar. Mostraremos as claves para colocar e potenciar os vosos proxectos usando as redes sociais.

15 de decembro. O comercio electrónico é para min?. Formador: Eugenio Estrada Csaky. Trataremos as principais vantaxes e inconvintes da venda online, explicando de forma práctica, clara e eficaz queprodutos e servicios teñen unha saída directa por Internet ecales non son adecuados para a súa venda.Pero non queda aí, porque os datos e a súa protección son todo nos nosos negocios.


Arquivado en:
Novas. Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente.

Temas:
Economía. Formación. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA