Procedemento para presentar garantías nas modalidades de avais e seguros de caución na Tesourería municipal durante Estado de Alarma

14 / MAI / 2020

Procedemento para presentar garantías nas modalidades de avais e seguros de caución na Tesourería municipal durante Estado de Alarma

Instrución sobre o procedemento a seguir para presentar garantías nas modalidades de avais e seguros de caución na Tesourería municipal durante o período de validez do estado de alarma.

Instrucción

A situación resultante do estado de alarma (Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo) impide a atención presencial cos administrados e polo tanto a validación presencial da documentación, polo que é necesario buscar canles alternativos á seguridade presencial da documentación que se vai proporcionar, é por iso que é adecuado responder a esta situación de emerxencia e, temporalmente, mentres dure o estado de alarma, establecer criterios que permitan a presentación e posterior comprobación de validación dos documentos de avais e seguros de caución.

Obxecto da instrución

O obxecto desta instrución é a regulación do procedemento que se debe seguir para a presentación de maneira non presencial de garantías na Tesourería municipal nas modalidades de aval ou seguro de caución, durante o período de validez do estado de alarma.

Procedemento para a constitución da garantía

1. A persoa ou empresa interesada que queira constituír unha garantía nas modalidades de aval ou seguro de caución deberá presentala telemáticamente coa documentación esixida no procedemento de que se trate, que quedará suxeita a posterior ratificación.

2. Rexistrada polo concello dita documentación, farase unha anotación no documento do aval ou seguro de caución de “reserva da súa validez”, condicionada á achega do documento de garantía orixinal.

3. O documento orixinal do aval ou seguro de caución será remitido o Concello por correo postal certificado ou por mensaxería, como condición de eficiencia do depósito.

4. O documento orixinal será recepcionado pola Consellería de Facenda, que o custodiará ata a súa remisión o departamento de Tesourería do concello.

5. Achegado o documento orixinal este será rexistrado coa anotación “aportado orixinal” é se incluirá no expediente correspondente.

6. Todos os departamentos nos cales nos trámites dos seus expedientes se requira a presentación de garantía, e esta se constitúa na modalidade de aval ou seguro de caución, deberán aportar á Tesourería municipal unha listaxe actualizada dos depósitos constituídos.

Esta instrución estará en vigor durante todo o período do estado de alarma.

Arquivado en