Prazo extraordinario de matriculación na Escola de Música Municipal

04 / SEP / 2017

Prazo extraordinario de matriculación na Escola de Música Municipal

-A concellería de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, oferta novas prazas na Escola de Música Municipal.

-As novas prazas ofertadas son oito de Música e Movemento I, unha praza de frauta traveseira, unha de trombón, unha de percusión, unha de trompa, unha de trompeta e seis prazas de canto moderno.

Sada 4 setembro 2017.

Desde o 6 e ata o 15 de setembro a Escola Municipal de Música, que xestiona a concellería de Educación, Xuventude e Saúde, abre un prazo extraordinario de matriculación para o curso 2017-2018.

Ofértanse 8 prazas de Música e Movemento I, para nenos e nenas que teñan os 5 anos de idade cumpridos antes do 1 de Xaneiro de 2018. Ademáis dentro da categoria de instrumentos se ofertan unha praza de frauta traveseira, unha de trombón, unha de percusión, unha de trompa e unha de trompeta, asi como seis prazas de canto moderno.

As personas interesadas en solicitar praza en calquera dos instrumentos ofertados deberán ter coñecementos demostrables de Linguaxe Musical. En canto ao alumnado interesado nos estudos de  Canto Moderno non se precisan estudos previos pero, unha vez inscritos, terán que facer o curso de Linguaxe Musical correspondente.

Os impresos de matrícula poden obterse na Casa da Cultura, no Rexistro do Concello, na Oficina da Xuventude ou na páxina web do Concello. Unha vez abonado o importe da matrícula na entidade bancaria, deberá presentarse o impreso debidamente cumprimentado e selado pola entidade bancaria no Rexistro Xeral do Concello xunto ó  xustificante do pago da matricula anual, o padrón municipal e no caso de familia numerosa, de categoría xeral ou especial, o título que o acredite.

Arquivado en