Praias, Medio Ambiente e Cruz Vermella programan xornadas de vixilancia ambiental e limpeza dos areais e calas sadenses

25 / ABR / 2016

Praias, Medio Ambiente e Cruz Vermella programan xornadas de vixilancia ambiental e limpeza dos areais e calas sadenses

- A primeira xornada levouse a cabo o domingo 24 nas calas de Morazón, Arnela e Arnela Pequena e participaron os compoñentes do club de Salvamento SASA

- As seguintes xornadas, ás que as se poden apuntar os veciños e veciñas de Sada no Rexistro ou na web municipal, levarán a cabo durante o cinco próximas semanas nas restantes calas e areais de Sada.

Sada 25 abril 2016.

A concellaría de Praias, xestionada por Marcos Villar, xunto coa de Medio Ambiente, dirixida por Liss Suárez Becerra, e Cruz Vermella levarán a cabo durante as seis próximas semanas o proxecto de vixilancia ambiental na costa sadense.

Este proxecto deriva do programa de seguimento de lixos mariños do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente  para previr e reducir as verteduras ao medio mariño, para velar por que non se produzan impactos ou riscos graves para os ecosistemas mariños e para garantir que as actividades e usos no medio mariño sexan compatibles coa preservación da súa biodiversidade.

Entre os obxectivos das xornadas, que comezaron o pasado 24 de abril cos voluntarios do club de Salvamento SASA e ao que en próximas semanas poderanse apuntar todos os interesados que o soliciten, atópanse a vixilancia de lixos, a sensibilización e educación ambiental na praia e a limpeza das calas e areais clasificando o material recolleito por categorías.

O concello de Sada xunto con Cruz Vermella levará a cabo a limpeza das calas e areais sadenses para velar pola protección de determinadas zonas a través de accións de participación cidadá e de voluntariado ambiental.

Con iso dáse apoio aos labores que vén realizando o Consorcio das Mariñas nas praias, realizando a vixilancia e o monitoreo de lixos en praias con voluntariado, implicando a colectivos locais nas tarefas co fin de mellorar estes ecosistemas e sensibilizando do perigo e o impacto que teñen os lixos mariños e costeiros na nosa saúde e no ecosistema.

A primeira das xornadas levouse a cabo o pasado domingo 24 nas calas de Morazón, Arnela e Arnela Pequena e nela participarán os compoñentes do club de Salvamento SASA.

Comezarou ás 10:00 horas na Casa da Cultura e combinou un roteiro de sendeirismo pola Costa Doce parando en Morazón, Arnela e Arnela Pequena onde finalizará a xornada.

Os materiais que se recolleron nos areais foron plásticos, metais, vidro, cerámica, goma, roupa, papel, madeira ou distintos residuos hixiénicos sanitarios.

A duración desta actividade foi de tres horas e todos os voluntarios participantes recibiron un pequeno obsequio así como avituallamiento durante a actividade. Todos os medios necesarios para a actividade como luvas, sacos de lixo, petos e vehículos de traslado de recollida achegounos o concello e Cruz Vermella.

As próximas saídas ambientais levaranse a cabo os cinco fins de semana seguintes en xornada de domingo pola mañá ou sábado pola tarde dependendo das condicións das mareas.

Para as próximas cinco poderán apuntarse os veciños e veciñas de Sada  a través dun formulario que poderán cubrir e entregar no Rexistro Municipal ou ben a través do formulario que aparece na parte de abaixo desta noticia cubrindo os seus datos persoais e no asunto indicar: Xornadas Limpeza Praias. Asimismo poderán engadir datos de preferencia de datas e outros datos no apartado Consulta. Dende o departamento correspondente poranse en contacto coas persoas interesadas para indicarlles data, hora e lugar de saída das vindeiras xornadas.

Información básica sobre Protección de Datos
Responsable: Concello de Sada.
Finalidade: Obtención do teu consentimento para responder as cuestións que nos expós a través do noso formulario de contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal.
Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional.
Información adicional: Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte ligazón: Política de Privacidade

Arquivado en