Portela firmará un convenio coas Cerámicas para que os vecinos de Sada disfruten da piscina do complexo Pía do Loureiro no Castro

06/06/2016

Portela firmará un convenio coas Cerámicas para que os vecinos de Sada disfruten da piscina do complexo Pía do Loureiro no  Castro

- As Cerámicas do Castro comprométense ademáis con Portela ao deseño a prol do concello de Sada dunha peza institucional significativa que sexa emblema singular da cidade de Sada, así como tamén a continuar realizando as placas para a identificación das rúas sadenses segundo o modelo oficial que foi deseñado polas Cerámicas do Castro-Sargadelos, de maneira altruísta e sen que supoña ningún custo para o concello.

-Portela recorda que desde a chegada á alcaldía tentou de revitalizar e defender o Museo Carlos Maside nun primeiro momento declarandoo Ben de Interese Cultural (BIC) xunto co Laboratorio de Formas de Galicia e o taller do intelectual e galeguista Isaac Díaz Pardo. “Agora damos un pasiño máis, sinala Portela, coa posta en valor do Museo Carlos Maside, o máis importante que temos en Sada, incluíndoo nos roteiros culturais e turísticos deste municipio”.

- O uso da Pía do Loureiro establécese para os meses de xullo e de agosto e o concello de Sada dotará ó mesmo dun socorrista acuático e  asumirá a correspondente póliza de responsabilidade civil.

Sada, 28 de junio 2016.

O alcalde de Sada, Benito Portela, firmará nos próximos días un convenio de colaboración coas Cerámicas do Castro-Grupo Sargadelos tendente a por en valor espacios culturais e de ocio e potenciar actividades institucionais, culturais e sociais.

Portela recorda que “os poderes públicos deben de promover e tutelar o acceso á cultura á que a veciñanza ten dereito e por outro lado temos que ser quen de promover as condicións para a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural de Sada, por eso chegamos a un convenio de colaboración coas Cerámicas do Castro a nivel institucional, cultural e social”

O convenio, que firmarase nos próximos días entre o alcalde de Sada, Benito Portela, e Segismundo García, en nome e representación da entidade mercantil Cerámicas del Castro, S.L.-Grupo Sargadelos, sinala que o concello de Sada está a planificar a programación das actividades sociais, culturais, deportivas e recreativas en beneficio dos habitantes do seu termo municipal e sitúase dentro das competencias dos municipios relativa á prestación de servizos sociais, actividades culturais e deportivas, así como a competencia xenérica para promover aquelas actividades que contribúan a satisfacer as necesidades e as aspiracións da comunidade vecinal.

Da outra banda Cerámicas do Castro-Sargadelos desexa desenvolver diversas actividades de cooperación en áreas coma a institucional, co deseño dunha peza significativa que sexa emblema singular da cidade de Sada, e continuar coa colocación de placas nas rúas, segundo o modelo oficial que foi deseñado polas Cerámicas do Castro-Sargadelos e na potenciación e posta en valor do Museo Carlos Maside.

Portela recorda que desde a chegada á alcaldía tentou de revitalizar e defender o Museo Carlos Maside nun primeiro momento declarando Ben de Interese Cultural o Museo xunto co Laboratorio de Formas de Galicia e o taller do intelectual e galeguista Isaac Díaz Pardo.

“Agora damos un pasiño máis, sinala Portela, coa posta en valor do Museo Carlos Maside, o máis importante que temos en Sada, incluíndoo nos roteiros culturais e turísticos deste municipio”.

No eido cultural, o convenio contempla a  utilización por parte do concello de Sada do auditorio existente nas instalacións das Cerámicas do Castro para as actividades de interese municipal ou previamente acordadas así como actividades que se inclúan no marco da programación cultural e de espectáculos municipais de carácter social e sempre e cando non interferirá coas actividades propias das Cerámicas do Castro no auditorio.

Disfrute da piscina do Castro

Outro dos puntos do convenio, de marcado carácter social,  é a explotación por parte do concello de Sada da instalación da Pía do Loureiro das Cerámicas do Castro-Sargadelos, que estará aberta e dispoñible gratuitamente para toda a veciñanza de Sada nos meses de xullo e de agosto.

Para a explotación da piscina e as instalacións anexas coma vestiarios e zona de solario o concello aportará o custo da contratación dun socorrista durante eses dous meses,  asumindo tamén a correspondente póliza de Responsabilidade Civil.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá.

Temas:
Turismo. Subvencións e axudas. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA