PaseARTE, a primeira exposición nos escaparates do comercios locais realizada polo alumnado da Escola da Arte de Sada

21 / XUN / 2019

PaseARTE, a primeira exposición nos escaparates do comercios locais realizada polo alumnado da Escola da Arte de Sada

A exposición pódese contemplar en 30 comercios e locais de hostelería de Sada.

Sada 21 xuño 2019.

Desde mañá sábado 22 e ata o 30 de xuño, “A Escola da Arte”  organiza en Sada unha exposición colectiva que, como novidade este ano, caracterízase por ser unha intervención no espazo público coa intención de socializar a arte cos veciños ao estar expostas as obras en escaparates de comercios e no interior de locais de hostalaría, transformando desta maneira a rúa nunha sala de exposicións.

A mostra consta de duas partes, unha dedicada  aos nenos e outra aos adultos, e en total participan preto dun cento de alumnos e alumnas que expoñen en trinta negocios de Sada.

A Escola da Arte é un centro dedicado impartir clases de pintura, debuxo e cerámica artística a nenos e adultos. Tamén  é unha  galería de arte permanente e está situada en Sada, na rúa A Lagoa  44,  na zona do pavillón e piscina municipal.

Ademais das clases na escola, tamén “A Escola da Arte” trasladase a impartir actividades extraescolares do AMPA ao CEIP O Mosteiron e  ao CEIP Sada e Contornos, centros que  colaboran para poder desenvolver con acerto este proxecto educativo que está a ter nos últimos anos uns bos resultados. As exposicións do alumnado dos centros escolares realízanse tamén neste mes nas zonas comúns dos centros.

Ramón García, licenciado en Belas Artes, natural de Tenerife e residente en Sada de forma definitiva  desde o 2012, dirixe desde hai sete anos a “Escola da Arte” coa colaboración da súa esposa,  Isabel García,  “apoio fundamental para o bo funcionamento deste centro de arte”. Destaca ademáis o traballo da profesora Pilar Brañas, “a súa achega, motivación e  ilusión polo ensino son fundamentais neste proxecto”.

Desde a “Escola da Arte” agradecen a colaboración dos locais comerciais e de hostelería e do Concello de Sada na organización desta exposición que por diversas causas non alcanzou a chegar a todos os establecementos interesados aínda que esperan contar en próxima edicións con eles.

Arquivado en