Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas de Sada na Casa da Cultura as 19:00 horas

05 / ENE / 2016

Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas de Sada na Casa da Cultura as 19:00 horas

A cabalgata partirá da Lonxa do porto de Sada as 18:00 horas salvo causa de forza maior por culpa do temporal.

Sada 5 decembro 2016

Máis de medio centenar de nenos e nenas, que se apuntaron na OMIX coma figurantes, participarán esta tarde na Cabalgata de Reis que percorrerá as principais rúas do centro urbano.

Ademáis varios clubes e asociacións culturais se sumaron a participar neste día de ilusión e participarán coas súas carrozas

Tamén a Concellería de Cultura repartirá uns globos con luz e unhas bolsiñas nas que todos os nenos e nenas poderan levar caramelos cos que agasallar ó público que agarde nas rúas para saudar ás Súas Maxestades de Oriente.

“Cos 300 globos luminosos , indica o concelleiro Marcos Villar, agardamos formar unha pequena estela de luz que se intercale na comitiva co obxecto de crear un efecto visual que cremos que aportará atractivo ó evento durante todo o percorrido”.

A cabalgata partirá da Lonxa ás 18:00 horas para percorrer pola Avda. da Mariña, Rua Fernandez Pita, Praza de San Roque, Linares Rivas, Rua Bergondo, Rua Pontedeume, Rua Oza dos Rios, Praza Igrexa Nova, Barrié de la Maza, Rua Fernandez Pita, Avda. da Mariña e rematará na Casa da Cultura Pintor Lloréns onde haberá unha Recepción Real na que os máis pequenos poderán achegarse a saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar, e facer entrega (se non o fixeron xa) da carta coas súas ilusións.

En caso de que a cabalgata tivese que suspenderse por mor do temporal os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas tal y como está programado na Casa da Cultura as 19:00 horas.

Arquivado en