Os centros escolares de Sada analizan os efectos do cambio climático entre as especies da flora e a fauna local.

23/05/2016

Os centros escolares de Sada analizan os efectos do cambio climático entre as especies da flora e a fauna local.

- O programa de participación ambiental denomínase "Seguimento Fenológico e do Estado de biodiversidade nas Reservas de Biosfera de Galicia", e está apoiado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente.

- Sada é a sede durante todo este mes de maio dos actos do III aniversario da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo concentrando moitas das actividades que están programadas.


Sada, 23 de maio 2016.

O seis reservas das biosferas galegas, entre as que se atopan as Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo  participarán nun proxecto piloto conxunto liderado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) para analizar os efectos do cambio climático entre as especies da flora e a fauna local.

O programa de participación ambiental denominado "Seguimento Fenológico e do Estado de biodiversidade nas Reservas de Biosfera de Galicia", apoiado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente, contará coa participación directa dun milleiro de escolares entre 6 e 11 anos de 18 centros galegos. Unha listaxe entre os que se atopan o CEIP Pedro Barrié da Maza de Mondego e o CEIP Sada e Contornos de Sada que esta mañá comezaban coas presentacións do programa.

O obxectivo é "concienciar aos mozos no tema do cambio climático e que se convertan en axentes activos do territorio, realizando o seguimento e avaliación de distintas especies para ver como inflúe nelas o cambio climático", explicou na presentación Carmen Borobia técnica do Ceida, aínda que subliñou que na seguinte fase o proxecto abrirase a toda a poboación. "Os xestores das reservas crearán grupos abertos a asociacións, colectivos e particulares para que se somen ao estudo das especies a través dunha plataforma web na que se introducirán os datos para obter uns resultados comparados", explicaba Diego López da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Sada é a sede durante todo este mes de maio dos actos do III aniversario da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo concentrando moitas das actividades que se están realizando. Esta mañá realizáronse as presentacións do programa “Seguimento Fenológico” nos dous centros escolares citados e a finais da semana levarase a cabo a exposición e exaltación de productos da reserva da Biosfera xunto con unha cata e degustación dos mesmos.

Catálogo de 25 especies sa flora e fauna local.

O estudo analizará os comportamentos de 25 especies entre invertebrados (abella europea, cervo volante, caracol común, libélula e bolboreta da col), vexetais (vide, castiñeiros, carballo, piñeiro silvestre, dente de león, aliso, plátano de sombra, toxo, xesta negra e cerdeira) e aves (lavandeira branca, golondrina, milano negro, merlo, corneja negra, carboeiro, golondrina pequena, petirrojo europeo, busardo ratonero e colirrojo tizón). "A elección destas especies obedece a que son bioindicadores, porque están en distintos tipos de ecosistemas e porque son fáciles de estudar polos rapaces", enumeraba López.

As conclusións do estudo servirán para ratificar o impacto que ten o cambio climático sobre o territorio "e que son visibles no noso día a día como os cambios nas migracións das aves, os parámetros de reprodución dos invertebrados ou as fases de floración das árbores ou nas colleitas", adiantou Diego López, á vez que avogaba por un cambio no uso racional e sustentable dos recursos. 


Arquivado en:
Novas. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Turismo. Formación. Educación. Medio ambente. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA