Obradoiro de Banda Deseñada na Biblioteca con Xosé Tomás

21 / OUT / 2019

Obradoiro de Banda Deseñada na Biblioteca con Xosé Tomás

A concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal, organiza un obradoiro de banda deseñada, co ilustrador e profesor Xosé Tomás, que terá lugar na sala de estudo da biblioteca o día 25 de outubro ás 17:00 

Inscrición menores de 14 anos

Inscrición a partir de 14 anos

A idade mínima para participar no obradoiro son 10 anos.

As prazas dispoñibles son 15 en total. Para participar é necesaria a inscrición en liña ou ben realizala na propia Biblioteca

Traballarase a creación de guións e de personaxes, así como os códigos da banda deseñada: viñetas, elipses narrativas, montaxe de páxinas, planos cinematográficos, etc.

 

 
 

Arquivado en