O VOLUNTARIADO DE SADA ATENDE AOS MAIORES DO MUNICIPIO

10/04/2020

O VOLUNTARIADO DE SADA ATENDE AOS MAIORES DO MUNICIPIO

-O goberno municipal agradece,  e moito,  a tantos homes e mulleres que, empregando o seu tempo e medios fan unha labor desinteresada na procura do ben social.

- O Concello ven cubrindo as necesidades básicas de alimentación e medicación dos maiores de Sada que o necesitan e desde hai uns días, a través do voluntariado, ofrécese un servizo de seguemento e atención telefónica para loitar ca soidade que provoca o confinamiento nas persoas que viven soas.

FORMULARIO VOLUNTARIADO


Sada, 9 abril 2020.

O pasado sábado 13 de marzo, o mesmo día que se decretaba o Estado de Alarma, o Concello de Sada habilitaba na súa páxina web un formulario para que, en caso que fose necesario, dotar dun servizo de Voluntariado ao municipio 

Desde entón o Concello ven cubrindo as necesidades básicas de alimentación e medicación dos maiores de Sada que o necesitan. E desde hai uns días a través do voluntariado se ofrece un servizo de seguemento e atención telefónica para loitar ca soidade que provoca o confinamiento en persoas que viven soas.

En total son 65 persoas inscritas, practicametne todas elas colaborando,  que contactaron nas dúas primeiras xornadas con 108 veciñas e veciños.

Este voluntariado fortalece os lazos ca comunidade ampliando a rede de apoio entre veciños, e facendo unha Sada, que sempre foi solidaria pero que nestas circunstancias o está a demostrar con creces.

O Concello de Sada, desde o Goberno Municipal, agradece, e moito,  a tantos homes e mulleres que empregando o seu tempo e medios fan unha labor desinteresada na procura do ben social.

Desde os distintos departamentos municipais estanse a por en contacto con todas as persoas maiores de 70 anos que viven soas para coñecer as súas necesidades pero desde o Concello se anima á toda a xente interesada a darse de alta no voluntariado para chegar ao obxetivo de ofrecer este servizo de acompañamento a todos as persoas vulnerables, maiores de 70 anos que viven soas.

Asemade, desde o Concello se insiste en que se alguén é sabedor dalgunha persoa que precise da axuda, o comunique para poder atendela no correo covid19@sada.gal e nos teléfonos:

Atención Coronavirus - 900 400 116, Número de atención xeral para as consultas relacionadas co Coronavirus. No caso de Urxencia Sanitaria chamar ao 112.

Concello de Sada - 981 620 075. Horario de 09:00 a 14:00 horas. Para calquera consulta .

Servizos Sociais - 981 620 567. Horario de 09:00-14:00 horas. Para calquera consulta relacionada co benestar das familias ou axuda no fogar.

Policía Local - 629 572 289. 24 horas ao día. Para calquera consulta fora do horario de oficina e emerxencias durante todo o día.

Atención Municipal - 665 851 262. Para calquera consulta que necesite do Estado de Alarma

Servizo emerxencias - 607 438 457. 24 horas ao día. Para calquera situación de emerxencia. 

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Alcaldía . Meirás. Mondego. Mosteirón. Osedo. Sada. Facenda, Administración Local, Administración Electrónica, Contratación e Seguridade Cidadá. Soñeiro. Veigue. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías. Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado.

Temas:
Benestar Social. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.