O temporal leva parte da cuberta do pavillón polideportivo de Sada

11 / DEC / 2017

O temporal leva parte da cuberta do pavillón polideportivo de Sada

-A concelleira de Deportes, Zeltia García, valorou esta mañá os danos e estivo a traballar xunto ao técnico de deportes na reubicación das actividades deportivas.

Sada 11 decembro 2017

A concelleira de Deportes, Zeltía García, xunto ao técnico de deportes do concello de Sada, estivo a valorar esta mañá as actuacións a levar a cabo para, por unha parte, cuantificar os desperfectos causados polo temporal no pavillón polideportivo municipal e, por outra, reubicar as distintas disciplinas deportivas que usaban a citada instalación e que estará inutilizada por motivos de seguridade durante os próximos días.

A media tarde de onte o temporal destrozou parte da cuberta do pavillón xusto enrriba das oficinas que utiliza a empresa concesionaria das instalacións provocando que se inundasen ditas oficinas así coma o ximnasio baixo as mesmas que utiliza o club Natural Sport de taekwondo e tamén parte do lateral da grada.

Desde primeira hora desta mañá a concelleira Zeltia García reuniuse no pavillón con algún dos representantes dos clubes que utilizan estas instalacións así como cos responsables da concesionaria para reorganizar noutras ubicacións as actividades deportivas que vense realizando habitualmente no pavillón.

Deste xeito o campeonato de Judo que tiña que celebrar o 23 de decembro pasa a celebrarse no pavillón do Albergue Marina Española o mesmo día. Asemesmo estase en conversacións co director do Albergue para trasladar o ximnasio de teaekwondo ao citado pavillón ata que poidan utilizar de novo as instalacións municipais. Por outra banda os usuarios do club atletismo Sada utilizarán a partir de agora o pavillón do Instituto.

Cambiase a ubicación da recepción dos Reis da Cabalgata que este ano estaba prevista celebrar no pavillón polideportivo e hoxe suspéndense as actividades no Campo de Fútbol As Mariñas-Andrés Pena por precaución xa que unha das chapas da cuberta do pavillón caeu no campo de fútbol e mentres non se asegure a cuberta poden caer máis elementos no campo de fútbol.

Recentemente a concellería de Deportes realizou unha actuación consistente na colocación dun novo lucernario para evitar as pingas que afectaban á práctica deportiva na pista polideportiva. Este lucernario non resultou afectado polo temporal tras a comprobación realizada esta mañá, estando en perfectas condicións.

Informe do Temporal en Sada

Os Servizos de Emerxencias Municipais, así como a Policía Local e operarios de servizos realizaron no día de onte e esta pasada madrugada numerosas intervencións con motivo do temporal.

- Actuación na carretera DP-5813 (Oleiros a Sada) por caída de dous árbores.

- Actuación na Chaburra  por explosión de cadro eléctrico. Se presentaron no lugar a empresa concesionaria da iluminación pública, averías de Fenosa, Policía Local e Servizo de Emerxencias Municipal (SEM).

- Caída de canalóns en vivendas sociais en Xoan Vicente Viqueira orixinando danos materiais en vehículo estacionado. O SEM balizou a zona e esta mañá se descolgaron os canalóns que permanecían suspendidos.

- Retirada de árbores e matorrais no camino de Vertín (Mondego) a Seixeda (Osedo)

- Retirada de sinais arrancadas polo temporal no vial da Guardería Galiña Azul en Mondego e na Vía Ártabra.

- Retirada de árbores no camino da Lagoa (Mondego).

- Retirada de árbores en camino de Quintán (Mondego)

- Retirada de árbores en camino de Alborelle (Soñeiro)

- Retirada de árbores en camiños de Meirás.

- Caída de parte da cuberta do Pavillón de Deportes Municipal.

- Retirada de árbores en camiños de Mosteirón 

 

 

 

Arquivado en