O grupo de enxeñería da Universidade da Coruña e EMALCSA presentan o martes 13 de decembro na Casa da Cultura o estudo das inundacións en Sada

28 / NOV / 2016

O grupo de enxeñería da Universidade da Coruña e EMALCSA presentan o martes 13 de decembro na Casa da Cultura o estudo das inundacións en Sada

- O alcalde de Sada, Benito Portela, anima a todos os veciños e veciñas interesadas a acudir á charla o martes 13 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns.

- Portela, entregou á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, este estudo onde os enxeñeiros recomendan, entre outras solucións, a canalización do Río Maior ao seu paso por Sada. 

Sada 9 decembro 2016.

O próximo martes 13 de decembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura mostrarase aos veciños as conclusións do estudo realizado polo Grupo de Enxeñería da Auga e Medio Ambiente da Universidade da Coruña e EMALCSA onde, ademáis de buscar as causas das inundacións do pasado 30 de marzo, se propoñen solucións para que non se volva a dar un suceso semellante.

Dentro das propostas do GEAMA a máis importante é a canalización, do río Maior ao seu paso por Sada e máis concretamente no tramo da rúa Venezuela entre a rúa Linares Rivas e a avenida da Marina até a súa saída ao mar. O primeiro tramo que discorre por rúa Lagoa, entre a glorieta de Cantalarrana e o cruzamento coa rúa Linares Rivas, dispón de suficiente anchura ao tratarse dun caixón. 

O alcalde de Sada solicitou hai uns días á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, a execución da canalización mediante un caixón no segundo tramo, que actualmente conta con ovoides e tubaxes de escasa sección, o que provoca un importante efecto barreira, xa que nas Brañas conflúen tres ríos que desembocan no mesmo punto. 

O estudo realizado polo GEAMA e EMALCSA ven dado polo convenio firmado polo alcalde de Sada co alcalde da Coruña, hai xustamente tres meses, e polo que desenvolveuse, en colaboración cos servizos técnicos do Concello de Sada, unha modelización e análise da zona das Brañas de Sada, así como da desembocadura do Río Maior, co propósito de determinar as circunstancias, motivos e solucións ás inundacións acaecidas no mes de marzo.

Máis información do convenio con Emalcsa

Arquivado en