O goberno de Sada aproba o aumento de crédito para emerxencia social, dependencia, obras educativas, actividades deportivas e obras do POS 2019

26 / SEP / 2019

O goberno de Sada aproba o aumento de crédito para emerxencia social, dependencia, obras educativas, actividades deportivas e obras do POS 2019

-O Concello de Sada celebrou o pleno ordinario do mes de setembro onde o goberno local aprobou un modificativo de crédito por valor de 280.000€

Sada 26 setembro 2019.

O goberno local aprobou incrementar na area de servizos sociais os créditos destinados a emerxencia social e SAF dependencia. No relativo a emerxencia social existía unha dotación de 50.000€ previstos inicialmente na prórroga do orzamento que se aumentan en 20.000€ para prestar o servizo ata o fin exercicio. En canto ao Servizo de Axuda no Fogar dependencia contaba cunhas previsións iniciais de gasto de 470.000€, as novas altas provocan incremento no gasto e na achega municipal, propoñendose unha suba de 40.000 €.

No ámbito educativo a execución da obra do parque infantil no CEIP Pedro Barrie de la Maza implica a necesidade de crédito por importe de 10.000€. A achega muncipal para a Rede Cultural da Deputación supón necesidades de 20.243€. Ademáis diversas actividades deportivas a desenvolver en cumprimento da programación e de compromisos con diversas asociacións que implican necesidades de gasto por importe de 20.588€

Faise necesario tamén cubrir achegas municipais a certas subvencións. Así, dentro do POS+ 2019 da Deputación Provincial debe habilitarse crédito por importe de 20.889,19€ para a obra de Acondicionamento de pavimentos e instalacións en rúas de Fontán, e 20.000€ para a renovación de servizos no Tarabelo. Por outra banda a execución das obras subvencionadas no Plan de Mellora de camiños municipais de AGADER esixe habilitar crédito por importe de 28.409,76€.

Finalmente, a situación de prórroga do orzamento provoca que os créditos dispoñibles nas distintas aplicacións non se adecuen as programacións das distintas concellerías para 2019. Debido a esto nalgunhas ocasión o interese muncipal provocou que, por razóns de urxencia, execútese gasto para o que non existía crédito axeitado. Para afrontar os pagos destas cantidades adebedadas aos provedores debe dotarse crédito por importe de 100.677,12€.

O Concello de Sada conta cun remanente líquido de tesouraría para gastos xerais. Segundo o artigo 177.4 do TRLRFL o remanente líquido de tesouraría pode ser unha fonte de finanzamento a través da tramitación dun expediente de crédito extraordinario. Deste xeito, xustificados na memoria da alcaldía os requisitos legais de tramitación, e visto o informe da intervención municipal, o goberno local propón ao pleno aprobar inicialmente o expediente de modificación de créditos con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais, debendo ser incrementados os créditos correspondentes nun importe global de 280.807,07€. Esta modificación “non afecta ao nivel de endevedamento municipal”, segundo informe do interventor.

Partidas maís significativas:

 - Expedientes de emerxencia social 2019: 20.000€

-  SAF Dependencia 2019: 40.000€

- Parque infantil CEIP Pedro Barrie de la Maza: 10.000€

- Eventos deportivos: 14.788€ 

- Investimentos deportivos: 5.800€ 

- Achega municipal POS+ 2019: 40:889,19€ (Acondicionamento de pavimentos e instalacións en rúas de Fontán, Renovación de servizos no Tarabelo)

- Achega municipal e adianto Plan de Mellora de camiños municipais AGADER: 28.409,76 € (Mellora pavimentos dos camiños de Perouteiro)

- Achega municipal rede Cultural Deputacion 2019: 20.243€

Arquivado en