O espectáculo Brinca Vai! chega á Biblioteca de Sada

23 / MAI / 2019

O espectáculo Brinca Vai! chega á Biblioteca de Sada

BRINCA VAI! DE AQUÍ A ACOLÁ é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", editado por Kalandraka, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos que terá lugar na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo o venres 24 de maio de 18:30 a 19:30 e para o que o Concello de Sada abre a inscrición de 25 prazas para nenos e nenas de 5 a 11 anos. 

LISTAXE_ADMITIDAS_BRINCA_VAI_24_05_2019

Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida "Máquina" nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e de pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Recomendado para nenas/os de 5 a 11 anos.

Arquivado en