O Concello de Sada valora moi positivamente a venda do hotel

26 / MAR / 2018

O Concello de Sada valora moi positivamente a venda do hotel

-Tras o anuncio esta mañá da venda do hotel de Sada o alcalde, Benito Portela, valora moi positivamente o acordo alcanzado entre Abanca e Alda Hoteles convencido de que xerará emprego e movemento noutros sectores económicos da localidade.

Sada 26 marzo 2018.

Esta mañá o grupo Alda Hoteles anunciaba a compra do antigo hotel Sada Marina sinalando que no prazo dun ano estarán a pleno funcionamento.

Esta noticia foi acollida polo Concello de Sada de maneira satisfactoria xa que suporá un impulso para a economía local  que o goberno municipal “espera que xenere emprego na localidade”.

O goberno municipal lembra que “sempre apostou polo uso hosteleiro para o inmoble” xa que era a alternativa “máis rápida, viable e realista”.

O alcalde, Benito Portela, tamén asegurou esta mañá que o Concello de Sada facilitará a posta en funcionamento do novo hotel ao igual que o ven facendo cos proxectos empresariais  que elixen Sada como localidade para asentarse.

Arquivado en