O Concello de Sada únese ao Proxecto de Accesibilidade Cognitiva de Autismo Galicia

25 / ABR / 2018

O Concello de Sada únese ao Proxecto de Accesibilidade Cognitiva de Autismo Galicia

Os edificios públicos do Concello de Sada serán, a partir de hoxe, máis comprensibles para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) grazas ao Programa de Accesibilidade Cognitiva promovido pola Federación Autismo Galicia.

Sada 25 abril 2008.

Da man de Isabel Reimúndez Suárez, concelleira de Benestar Social e Igualdade, en colaboración coa Federación Autismo Galicia darase comezo á primeira fase do proxecto de accesibilidade cognitiva nos espazos municipais.

Cristina Couto, responsable da área de Programas e Inés Sánchez, traballadora social da Federación Autismo Galicia, serán as encargadas da valoración dos espazos nos que se atopan: Edificio de servizos administrativos, OMIX, Casa de Cultura e Biblioteca, Casa do Concello, Xulgado de paz, Centro de servizos sociais e aulas colindantes, Pavillón polideportivo, Campo de Fútbol As Mariñas-Andrés Pena, Piscina municipal, CEIP-IES O Mosteiron, Centro de Día (Mondego), CEIP Barrie da Maza, CEIP  Sada e os seus contornos, EEI Carnoedo, EEI Galiña Azul ( Mondego), IES Isaac Diaz Pardo e EEI Florita.

Esta primeira fase de valoración dos espazos habilitará o proceso seguinte de implantación de pictogramas. Lembramos que as persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) son pensadores visuais, polo que comprenden mellor a información que se presenta de forma visual.

Por iso, para facer a súa contorna máis accesible utilizaranse pictogramas, que son debuxos sinxelos que representan obxectos e accións de maneira simplificada. Estes sistemas de comunicación alternativos supoñen, para as persoas con autismo, con capacidades cognitivas alteradas, persoas maiores ou mesmo estranxeiros, claves visuais claras e seguras que lles sitúan no espazo e no tempo e anticípanlles os feitos que van ocorrer, o que lles conduce cara a un estado de benestar e seguridade

Arquivado en