O Concello de Sada pon en marcha o comedor escolar no CEIP Sada e Contornos

30 / AGO / 2019

O Concello de Sada pon en marcha o comedor escolar no CEIP Sada e Contornos

Ligazón á páxina do CEIP Sada e Contornos onde se atopa o formulario de pre-solicitude do comedor
 
 
Sada, 30 agosto 2019.
 
Durante estes meses o Concello de Sada ven de realizar os trámites pertinentes para a posta en marcha do comedor escolar para o curso 2019/2020 nas instalacións do CEIP Sada e Contornos.
 
Nestes momentos falta a aprobación por parte do Consello da Xunta, que en principio será o vindeiro 5 de setembro. En canto o  trámite burocrático e administrativo estea solucionado, iniciarase o proceso para comezar co servizo, pero, dados estes prazos, ata o inicio de outubro non será posible. 
 
De todos xeitos, adiantamos que o custo aproximado do mesmo será de 3,5 euros por día, sempre que o comedor conte con 45 usuarios/as. O Concello de Sada garante a prestación do servizo de comedor aos usuarios interesados cun máximo de 50 prazas.
 
Co fin de ter unha estimación dos usuario deste servizo é necesario cubrir o formulario que se atopa na web do CEIP Sada e Contornos
 

Arquivado en